Alaska y Dinarama
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
| Alaska y Dinarama | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Madrid, España |
| Período | 1982-1990 |
| Xénero(s) | Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI, Hispavox |
| Membros | Olvido Gara (Alaska) Nacho Canut Carlos Berlanga |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Alaska y Dinarama foi un grupo de música de España, formado por Alaska, Carlos Berlanga e Nacho Canut.
Traxectoria[editar]
Dinarama nace en 1983, creado por Carlos Berlanga, ao saír de Alaska y los Pegamoides. Ao pouco tempo uniríase Nacho Canut, consolidando Dinarama. Máis tarde Alaska uníase como vocalista, aínda que non estaban moi decididos ningunha das partes. Publican o seu primeiro álbum, Canciones Profanas baixo o nome de Dinarama Alaska. Del extráense singles como Rey del Glam, Crisis, Deja de Bailar ou o mítico Perlas Ensangrentadas. Cunha produción moito máis elaborada por Nick Patrick e restrucurando ao grupo como trío e xa chamándose Alaska y Dinarama, sacan á venda o álbum Deseo Carnal, incluíndo hits como Ni tu ni nadie ou Como pudiste hacerme esto a mi.
Nick Patrick acompañaralles na produción das súas dous seguintes álbums No es Pecado (no que están éxitos como "A quien le importa") e Diez.
No es Pecado é o álbum máis Berlanguiano do grupo. Cun son moi internacional e moi motown, atopamos 8 temas moi diferentes ao que foron os seus dous singles máis exitosos do álbum: "A quien le importa" e "La funcionaria asesina". Os outros dous singles que se extraeron foron "un millón de hormigas" e "solo creo lo que veo". Con son moi motown e grandes chiscadelas a grupos como Hall and Oates ou as Supremes (o tema "Alto! prohibido pasar" co que se abre o álbum, remite claramente ao hit das supremes "Stop! in the name of love"), converteuse nun álbum con diferentes opinións entre os seus fans. Os máis berlanguianos considérano dos mellores ou ata o mellor álbum do trío, mentres que os máis pegamoidanos ou ata fangorianos tachan ao álbum de chiclepop e din que é un álbum que realizou Nick Patrick mentres o trio miraba como Nick facíao. O que si é certo é que Berlanga quedou moi orgulloso deste LP e non entendeu como vendeu menos que o anterior, xa que tiña un son moi internacional e unha produción impecable. De feito tampouco Alaska estaba moi contenta cos temas, nin Nacho tampouco. Alaska negouse a cantar certas letras, e Nacho tivo que cambialas. Exemplos destes temas son os mencionados "Un millón de hormigas" e "Alto!Prohibido pasar". Os temas están compostos na súa maioría para a voz de Carlos Berlanga, polo que Alaska canta case todo o álbum en falsete. É por iso que moitos dos seus temas nunca se interpretaron en directo, centrando a propia xira de No es pecado en temas dos seus álbums anteriores. Carlos fixo un pouco o que lle deu a gana con este álbum. Unha discusión con Nic Patrick levou a que este borrase a súa voz de todo o álbum. Se nos fixamos de fondo pódese oír a voz de Carlos vagamente. Alaska tamén farta coa situación pediu temas que realmente a representasen. Así están "la funcionaria asesina" dacabalo entre o chiclepop do álbum e "a quien le importa" tema totalmente disco co que se sentiu identificada enseguida.
En 1987 sacan o seu cuarto LP Diez, cun título tan eslamiado como o LP en si. Dez son os anos que leva o trio xuntos desde Kaka de Luxe e Dez son as pistas que inclúe o LP (no seu version CD vén cun bonus-track de agasallo). Este disco está máis centrado para o público mexicano. Aínda así non deixa de ser estraño, xa que soa como un disco pobre e sen ganas de facelo. Un son e unha prdoducción bastante pobre fan de Diez o peor disco do grupo. Diez é unha especie de recompilación. Carlos está moi remiso a compor temas novos, as relacións co grupo cada vez son peores, polo que quizais leva a facer esta estraña recompilación que inclúe 2 caras B, 6 novas versións e 2 temas inéditos, pero que Carlos xa compuxera con anterioridade. O primeiro single "bailando" era un claro anticipo do que ía soar no álbum. Unha desfeita de versión que se incluíu no LP e que non debía de saír como single. A día de hoxe pasa totalmente desapercibida esa versión, coma se nunca existise. Ao inacertado single "Bailando" (para intentar esquecer o horror de versión que se fixo) séguelle rapidamente "Sospechas", un dos temas inéditos xunto a "Rey del Glam" nunha versión moito máis Madonna e dunha calidade moi superior á do resto do disco. Do albúm destacan tamén os temas "Tormento",(cara B orixinal do maxi Como pupudiste hacerme esto a mi) e o inédito "hacia el abismo"(a última canción que Alaska e Carlos Berlanga cantaron a duo), que aínda que non foi single, á discográica EMI deulle por metela en todos os seus recompilatorios pola calidade do tema segun a crítica dos fans.
En 1989 publican o seu último álbum Fan Fatal. Carlos Berlanga está moito máis separado do trío e empezan a ter problemas. Alaska e Nacho descobren o Acid House e queren un disco máis dese tipo. Para iso contan coa produción de Rebeldes sin pausa, deixando a candidatos como Jesus Gómez (remesturador do grupo e actual remasterizador de todos os seus álbums). A participación de Carlos en Fan Fatal era tan nula ao principio que pensaban sacar o álbum baixo o nome de La Pandilla Vasura, e non como Alaska e Dinarama. Este disco máis electrónico é como unha especie de transición a Fangoria, que se forma en 1990 cando Carlos Berlanga decide abandonar o grupo e empezar a súa carreira en solitario.
Aínda que Alaska y Dinarama non volveu como tal, en 1997 o trío volveu traballar xuntos para o álbum de Carlos Berlanga Vía satélite alrededor de Carlos Berlanga. Letra e musica de Carlos e Nacho e coros de Alaska. Igualmente pasaría co seguinte álbum de Carlos Berlanga Impermeable no 2001(que todo sexa dito, eses 2 álbums non teñen nada que ver musicalmente falando coa época dinarama, sendo gran parte das cancións moi electrónicas),que foi o cuarto e último disco de Berlanga en solitario, xa que o 5 de Xuño do 2002 Berlanga falecía tras unha enfermidade do fígado. Actualmente Fangoria segue en activo.
Actualmente reeditáronse todos os álbums do trio remasterizados en edicion coleccionista,que inclúen 2 discos, un o orixinal totalmente remasterizado, e un segundo con caras B e remixes. Agas en Diez, que tan só conta cun disco, o orixinal remasterizado.
Discografía[editar]
- 1983 Canciones Profanas vendeu 40.000 copias en españa
- 1984 Deseo Carnal vendeu 500.000 copias en españa e 1.500.000 en latinoamerica
- 1986 No es Pecado vendeu 250.000 copias en españa e 1.300.000 en latinoamerica
- 1987 Diez vendeu 75.000 copias en españa e 500.000 en latinoamerica
- 1989 Fan Fatal vendeu 200.000 copias en españa e non se editou en latinoamerica