Carlos Aenlle
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carlos Varela (hómonimos).
Carlos Xesús Varela Aenlle, nado en Castroverde en 1965, é un xeógrafo e etnólogo galego. Actualmente é presidente da asociación Abertal do Eo-Navia, e desde 2004 é o académico (non numerario[1]) correspondente da RAG nesa rexión.
Índice |
[editar] Traxectoria
Aínda que natural de Castroverde, a súa familia materna procede de terras eonaviegas. Este feito marcou notabelmente a súa traxectoria, profundamente vinculada coa rexión. Pasou a súa adolescencia en Castropol, localidade na que o seu pai foi mestre durante dez anos[2]. Foi tamén colaborador habitual das revistas A Freita e Britonia, publicacións impulsadas pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), e en 2000 publicou Toponimia del Eo-Navia[3], unha recompilación dos topónimos eonaviegos coa súa correspondencia tanto en castelán (oficial) como na forma vernácula galega.
[editar] Notas
- ↑ Académicos non numerarios da RAG
- ↑ Noticia no xornal asturiano La Nueva España, publicada o 20/12/2004.
- ↑ Toponimia del Eo-Navia, para descarga en PDF Consultado o 24 de febreiro de 2010.