Teresa Táboas
María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.
[editar] Traxectoria
Naceu na Cidade de México no ano 1961, filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz[1]. Táboas é a maior de catro irmáns.[2]
Pasadas as primeiras etapas de estudo, inclinouse pola Arquitectura, tendo a Luis Barragán como mestre. Rematada a carreira, volta á terra dos seus país na que ten a fortuna de traballar durante seis anos no estudo de César Portela, traballando durante dous anos no concello de Marín[3].
En 1990 independízase do estudo de Portela fundando un estudo de seu,[4] o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, dende o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.
Obtivo o doutoramento cunha tese doutoral dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón titulada El Color en Arquitectura.
Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo elixida o 15 de maio do 2003 a primeira muller presidenta-decana do COAG[5]. Tamén forma parte como conselleira do Consello Superior dos Arquitectos Españois, sendo a segunda muller que ocupa este cargo dende que se fundou a institución en 1931. Pertence a 2 comisións consultivas do Parlamento Europeo en representación de España, unha delas sobre arquitectura sostíbel.[6]
É nai de dous fillos.
| Predecesor: consellería de nova creación |
conselleira de Vivenda 2005-2009 |
Sucesor: consellería desaparecida |
[editar] Notas
- ↑ María Teresa Táboas Veleiro, conselleira de Vivenda e Solo
- ↑ 2,0 2,1 "Unha doutora en Arquitectura que entrou en política para traballar polo seu país", artigo en La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 2009.
- ↑ "Hai unha desnaturalización do patrimonio municipal a través do planeamento urbano", artigo en Faro de Vigo.
- ↑ Teresa Táboas, una vida en color
- ↑ Decanos-presidentes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- ↑ Teresa Táboas abre as festas da Peregrina