Teón de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teón de Alexandría (en grego antigo Θέων ο Αλεξανδρεύς), 335 d.C. - 405 d.C., foi un matemático, astrónomo e mestre grego, o último director da Biblioteca de Alexandría, e pai de Hipatia.[1]

O último filósofo da segunda Biblioteca de Alexandría[editar | editar a fonte]

Estableceuse na cidade exipcia de Alexandría, xa nos derradeiros anos do período helenístico, onde escribiu un vasto comentario do Almaxesto de Ptolomeo e dunha Catóptrica, que estaba baseada en obras de Arquimedes e de Herón. Tamén se lle atribúe a refundición da teoría dos Elementos e da Óptica de Euclides.

Teón foi o último director ou conservador da denominada segunda Biblioteca de Alexandría (edificio que estaba dentro do Museo de Alexandría; Teón é cualificado na Suda como o home do Museo). Deu á súa filla Hipatia unha educación completa en matemáticas, astronomía, filosofía e, incluso, educación física. Pai e filla colaboraron xuntos no comentario do Almaxesto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schiano, C. "Teone e il Museo di Alessandria", Quaderni di storia 55, páxs. 129-143.
  • Teón. Hermógenes. Aftonio (1991): Ejercicios de retórica. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1469-1
  • Tihon, Anne: Le 'Grand commentaire' de Théon d'Alexandrie aux 'Tables faciles' de Ptolémée, Livre I, Città del Vaticano 1985; Livre II, III, Città del Vaticano 1991.

p. 357.

  • Tihon, Anne (1999): "Theon of Alexandria and Ptolemy's Handy Tables", in Ancient Astronomy and Celestial Divination. Dibner Institute studies in the history of science and technology. Edited by N. M. Swerdlow. Cambridge, MA: MIT Press, páx. 357.
  • Toomer, G. J.: "Theon of Alexandria," in Dictionary of Scientific Biography, 13: 321–325.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Neoplatonismo
Filósofos neoplatónicos Amonio Sacas | Filón de Alexandría | Hipatia | Iámblico | Plotino | Plutarco | Porfirio | Proclo | Pseudo-Dionisio
Conceptos básicos Emanacións | Hipóstase | Monismo | Nous | Un
Filósofos influenciados Agostiño de Hipona | Escoto Eríxena | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola