Biblioteca de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da antiga Biblioteca de Alexandría.

A Biblioteca de Alexandría, localizada na cidade exipcia de Alexandría, foi no seu tempo a maior biblioteca do mundo. Fundada polos Ptolomeos no século III ane, chegou a ter unha colección (estimada) de 700.000 obras manuscritas.

Desde o século XIX procurouse comprender a organización e estrutura da biblioteca e debateuse abundantemente sobre o seu final. Apenas chegaron ate a actualidade testemuños de como era, como se traballaba nela, cantos volumes gardaba e mesmo cal era a súa situación.

A historiografía dos séculos XX e XXI insiste en que se formou unha grande utopía retrospectiva en relación coa Biblioteca de Alexandría. Sábese con certeza que a Biblioteca existiu, máis moitas das informacións acerca dela son contraditorias, dubidosa ou mesmo falsas, realizadas en base a suposicións a partir de poucos datos e aproximados.

Unha nova biblioteca foi inaugurada no 2003 próxima ao sitio da antiga.

Historia[editar | editar a fonte]

Considerase que foi fundada no inicio do século III a.C., durante o reinado de Ptolomeo II do Exipto, despois de que o seu pai construíse o Templo das Musas (Museum). Atribúese a Demetrio de Falero a súa organización inicial.

Fragmento da Septuaginta, traducida do hebreo ao grego koiné, entre o terceiro e o primeiro século a.C. en Alexandría.

Estimase que a biblioteca teña almacenado máis de 400.000 rolos de papiro, podendo ter chegado ao millón. Foi destruída parcialmente varias veces, até que no 646 foi destruída nun incendio accidental (acreditouse durante toda a Idade Media que tal incendio fora causado polos árabes no tempo de Umar I). Así no -47, cando durante a guerra civil entre Xulio César e os seguidores de Cneo Pompeio Magno César foi asediado en Alexandría, un incendio que destruíu a flota exipcia estendeuse a algúns depósitos de libros e arderon uns 40.000. Máis tarde, segundo a lenda, a Biblioteca foi destruída noutras tres ocasións: no 272 por orde do emperador romano Aureliano; no 391, cando o emperador Teodosio I a derrubou xunto con outros edificios pagáns.

Cóntase que un dos incendios foi provocado por Xulio César, quen tras apartar do poder a Ptolomeo XII, a favor da súa irmá Cleopatra, e temendo que algún dos titores deste puidese fuxir da cidade ordenou pór lume aos barcos ancorados no porto, resultando que o incendio pasou a terra e consumiu parte da biblioteca.

A institución da antiga biblioteca de Alexandría tiña como o principal obxectivo preservar e divulgar a cultura nacional. Contiña libros que foran levados de Atenas. Existían tamén matemáticos ligados á biblioteca, como por exemplo Euclides de Alexandría. Por outro lado tornouse nun grande centro de comercio e fabricación de papiros.

A lista dos grandes pensadores que pasaron pola biblioteca e o museo de Alexandría inclúe nomes de grandes xenios do pasado. Importantes obras sobre xeometría, trigonometría e astronomía, ben como sobre linguas, literatura e medicina, atribúenselle a eruditos de Alexandría. Segundo a tradición, foi alí onde 72 eruditos xudeus traduciron as Escrituras Hebraicas ao grego, producindo así a famosa Septuaginta.

Os grandes nomes da Alexandría antiga[editar | editar a fonte]

  • Euclides: matemático, IV século a.C. O pai da xeometría e o pioneiro no estudo da óptica. A súa obra ‘’Os Elementos’’ foi usada como padrón da xeometría ate o século XIX.
  • Arquimedes: matemático e inventor, terceiro século a.C. Realizou diversas descubertas e fixo os primeiros esforzos científicos para determinar o valor do pi (π).
  • Calímaco (c. -305-c. -240): poeta e bibliotecario grego, compilou o primeiro catálogo da Biblioteca de Alexandría, un marco na historia do control bibliográfico, que posibilitou a creación da relación oficial (canon) da literatura grega clásica. O seu catálogo ocupaba 120 rolos de papiro.
  • Eratóstenes: polímata (coñecedor de moitas ciencias) e un dos primeiros bibliotecarios de Alexandría, terceiro século a.C. Calculou a circunferencia da Terra con bastante aproximación.
  • Galeno: médico, II d.C. Os seus 15 libros sobre a ciencia da medicina tornaranse fundamentais por máis de 12 séculos.
  • Hipatia: astrónoma, matemática e filósofa, III d.C. Unha das maiores matemáticas, directora da Biblioteca de Alexandría; por ser pagá, foi asasinada, sufrindo linchamento.
  • Ptolomeo: astrónomo, II d.C. Os seus escritos xeográficos e astronómicos serán un modelo a seguir.

A nova biblioteca[editar | editar a fonte]

Interior da nova biblioteca de Alexandría.

A actual biblioteca pretende ser un dos centros de coñecemento máis importantes do mundo. A estrutura, que ten o nome oficial de Bibliotheca Alexandrina, integra, alén da principal, catro bibliotecas especializadas, laboratorios, un planetario, un museo de ciencias, un de caligrafía e unha sala de congreso e de exposición.

A Biblioteca Tahan Hussein é especializada en cegos, a dos Xoves é dedicada a persoas entre os 12 e os 18 anos, a dos rapaces é para quen teña entre seis e doce anos, e a multimedia está dotada con toda clase de material visual e sonoro. Hai tamén unha sala de microfilmes, unha de manuscritos e outra de libros pouco comúns.

Inicialmente, a idea era dotar a biblioteca de oito millóns de libros, mais como foi imposible conseguir esa cantidade ficou pela metade. Así, déuselle prioridade á creación dunha biblioteca cibernética. No total poden traballar na Biblioteca de Alexandría cerca de 3.500 investigadores en 200 salas de estudo. A sala de lectura ten 20.000 e é iluminada de forma uniforme por luz solar directa.

O proxecto da biblioteca é da autoría dunha firma de arquitectos noruegueses, a Snohetta. A construción demorou sete anos, mais a idea naceu no 1974. Os principais financiadores da institución foron a UNESCO e o goberno exipcio, sendo o custo total da obra duns 200 millóns de euros.