Plutarco de Atenas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Plutarco.
Plutarco de Atenas (Πλούταρχος Plutarchos), nado sobre 350 e finado en 430, foi un filósofo neoplatónico grego que dirixiu a escola neoplatónica de Atenas ao comezo do século V. Foi coñecido como Plutarco o Grande.
Traxectoria [editar]
Fillo de Nestorio, foi un ecléctico ou sincretista e foi mestre de Siriano de Alexandría, que despois o sucedeu á fronte da escola, e de Proclo de Licia. Crese que seguiu a Iámblico na súa doutrina da eficacia dos ritos teúrxicos para levar ao home á comuñón con Deus.
Obra [editar]
Escribiu algúns comentarios que se perderon sobre o Timeo de Platón e De ánima de Aristóteles. Morreu a avanzada idade o 430.
| Neoplatonismo | |
| Filósofos neoplatónicos | Amonio Sacas | Filón de Alexandría | Hipatia | Iámblico | Plotino | Plutarco | Porfirio | Proclo | Pseudo-Dionisio |
| Conceptos básicos | Emanacións | Hipóstase | Monismo | Nous | Un |
| Filósofos influenciados | Agostiño de Hipona | Escoto Eríxena | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola |