Synaptura lusitanica lusitanica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Synaptura lusitanica lusitanica
Linguado portugués
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Synaptura
Especie: S. lusitanica lusitanica
Nome binomial
Synaptura lusitanica lusitanica
de Brito Capello, 1868

Synaptura lusitanica lusitanica,de Brito Capello, 1868 tamén coñecida como Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado portugués.[2]

Trátase dun pequeno linguado que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Mauritania até Angola.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1868 polo ictiólogo portugues Félix António de Brito Capelo.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou de Brito Capelo, Synaptura lusitanica, e o actualmente válido, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[1]

  • Dagetichthys lusitanicus (de Brito Capello, 1868)
  • Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 (aceptado, como representación alternativa)
  • Synaptura lusitanica punctatissima Peters, 1876
  • Synaptura punctatissima Peters, 1876

Características[editar | editar a fonte]

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.
O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, o seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.

Podea alcanzar un tamaño de até 40 cm de lonxiutude.[3]

Hábitat, distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

O linguado portugués é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 60 m de profundidade,[4] entre os 21° N e os 18° S, e entre os 19° W e os 14° E,[5] nas costas do Atlántico leste, desde o cabo Branco (Mauritania) até Angola.[3]

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[4]

Pesca[editar | editar a fonte]

O linguado portugués captúrase nas áreas de pesca 27, 34 e 47 (Atlántico nordeste, Atlántico centro-leste e Atlántico sueste, respectivamente ).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868 no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 86.
  3. 3,0 3,1 Desoutter, M. (1990).
  4. 4,0 4,1 Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.
  5. Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868 na FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]