Soledad Cazorla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoledad Cazorla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Soledad Cazorla Prieto Editar o valor em Wikidata
19 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata
Larache, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 2015 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Fiscal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónFiscal
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Soledad Cazorla Prieto, nada en Larache (Marrocos) o 19 de febreiro de 1955 e finada en Madrid o 4 de maio de 2015, foi unha xurista española, primeira fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller. Foi a responsable da posta en marcha e de dirixir a rede de fiscais especialistas en violencia contra as mulleres creada tras a entrada en vigor en 2004 da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, responsabilidade que exerceu durante unha década, desde 2005 até a súa morte. Defensora da igualdade, a súa carreira profesional estivo estreitamente vinculada ao desenvolvemento desta lei[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Larache, entón protectorado español, onde emigrara a súa familia a finais do século XIX. O seu pai era avogado e militar. O seu irmán, Luis María Cazorla, tamén é xurista, académico de xurisprudencia, Letrado das Cortes e Catedrático.

Ingresou na carreira Fiscal en 1981 e o seu primeiro destino foi a Fiscalía de Xirona. En 1984 trasladouse a Valladolid. En 1985 chegou á Fiscalía da Audiencia Territorial de Madrid, desde onde foi destinada primeiro á Inspección da Fiscalía Xeral do Estado en 1993 e despois á Secretaría Técnica co Fiscal Xeral Carlos Granados.[2]

En setembro de 1996 foi nomeada Fiscal do Tribunal Supremo, desde onde asumiu, entre outras responsabilidades, a acusación pública contra Mario Conde no caso Banesto.

En 2005 foi ascendida a Fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller a proposta do fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido. En outubro de 2010 foi renovada no seu cargo. Formaba parte do Observatorio contra a Violencia de Xénero, un organismo creado polo Consello Xeral do Poder Xudicial no que participa a Fiscalía Xeral do Estado. Caracterizouse polas súas críticas á escasa dotación orzamentaria da norma e á súa deficiente aplicación. Tamén polo seu compromiso na loita para a protección das menores vítimas de violencia machista.

As súas intervencións en foros públicos, conferencias, reunións con asociacións de mulleres foron constantes durante o exercicio da súa responsabilidade como Fiscal contra a Violencia da Muller. Tamén a súa participación en encontros internacionais en defensa dos dereitos da muller (Francia, Reino Unido, Marrocos, República Dominicana, Bolivia, Ecuador, China ou Níxer) e nacionais de Xuristas, colaborando en publicacións e artigos ao redor de diferentes materias relacionadas co Dereito Penal.

Estaba casada co xornalista Joaquín Tagar e tivo 3 fillos. Faleceu aos 60 anos en Madrid o 4 de maio de 2015 por mor dun derramo cerebral.

Intervención de Soledad Cazorla sobre a Lei Integral contra a Violencia de Xénero en España. Níxer 2008.

Compromiso cos menores vítimas da violencia de xénero[editar | editar a fonte]

Defensora da igualdade, e cun alto compromiso persoal e profesional na loita contra a violencia de xénero, a súa carreira profesional estivo estreitamente vinculada ao desenvolvemento desta lei en España, destacando a súa implicación na necesidade de que o papel da fiscalía contribuíse a un adecuado tratamento das mulleres vítimas no proceso xudicial e, en especial, na necesidade de protexer aos nenos e as nenas que tiñan que convivir coa dura realidade da violencia contra as súas nais.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En novembro do ano 2008 recibiu un recoñecemento ao seu labor na loita contra a Violencia de Xénero outorgado polo Ministerio de Igualdade.
  • 2014 Medalla de Honra do Colexio de Avogados de Madrid.

Homenaxes a título póstumo[editar | editar a fonte]

  • En outubro de 2015 no acto de inauguración da terceira edición do Cume de Mulleres Xuristas
  • En febreiro de 2016 os Premios do Observatorio contra a Violencia doméstica e de xénero na súa XI Edición estiveron destinados a recoñecer o labor da fiscal.
  • En 2017 dedicáronlle unha rúa en Madrid, no barrio das Aguias.

Fondo de Bolsas Fiscal Soledad Cazorla Prieto[editar | editar a fonte]

Tribunal Supremo

O 19 de febreiro de 2016, data na que Soledad Cazorla cumpriría 61 anos, presentouse o Fondo de Bolsas Fiscal Soledad Cazorla Prieto, un fondo de axudas para o desenvolvemento persoal, apoio educativo e reparación do dano ocasionado ás nenas e nenos que perderon á súa nai por mor da violencia de xénero. O Fondo está impulsado pola familia da fiscal e a Fundación Mulleres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cruz, Juan (4 de maio de 2015). "Soledad Cazorla, "defensora absoluta de la igualdad"" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2015. 
  2. Conde-Pumpido, Autor Cándido (2015-05-07). "Soledad Cazorla, fiscal de vocación". EL ESPAÑOL (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-15.