Cándido Conde-Pumpido
Cándido Conde-Pumpido, nado na Coruña o 22 de setembro de 1949, é un xuíz Galicia1galego
[editar] Traxectoria
Licenciouse en Dereito e en Ciencias Económicas e empresariais pola Universidade de Compostela. En 1974 iniciou a súa carreira profesional como xuíz de Primeira Instancia e Instrución. Foi Maxistrado da Audiencia Provincial de Guipúscoa e Presidente da Audiencia Provincial de Segovia. En 1995 foi nomeado Maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo.
Opúxose á imputación de Felipe González polo caso GAL. Foi poñente da sentenza ditada no caso Roldán. Participou no Tribunal que condenou, entre outros, ó ex-ministro de Interior José Barrionuevo polo caso Marey.
O 23 de abril de 2004 foi nomeado Fiscal Xeral do Estado, en substitución de Jesús Cardenal, cargo no que continuou ata comezos de 2012, cando foi substituído por Miguel Torres Dulce.
| Predecesor: Jesús Cardenal |
Fiscal Xeral do Estado 2004 - |
Sucesor: Miguel Torres Dulce |