San Mamés Barria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Mamés Barria
Solar San Mamés.jpg
Solar onde se está construíndo o novo estadio
Datos
Localización Bilbao, España Flag of Spain.svg
Arquitecto César Azkarate
Custo 211.000.000
Inauguración Prevista para 2015
Superficie Céspede
Capacidade 55.500
Dimensións 105 x 68 m.
Propietario San Mamés Barria S.L. (Athletic Club, Deputación Foral de Biscaia, Goberno vasco, BBK e Concello de Bilbao)
Localía Athletic Club
Eventos
Ningún

San Mamés Barria é un futuro estadio de fútbol español, situado na cidade de Bilbao, e que actualmente se atopa en fase de construción. Este novo estadio, que sucederá ao antigo San Mamés, e será utilizado principalmente polo Athletic Club para a práctica do fútbol, aínda que terá outros usos complementarios nos que se inclúe un centro de innovación deportiva e outro de medicamento deportivo, unha pista de atletismo subterránea, e un polideportivo municipal. Ademais, será utilizado como recinto para concertos de gran envergadura, do mesmo xeito que o seu antecesor.

A primeira pedra colocouse o 26 de maio de 2010 e, o inicio das obras, comezou oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano. O estadio será totalmente concluído en 2014.[1]

O novo campo terá unha capacidade de aforamento de 55.500 localidades, tamén contará con 122 palcos VIP e 303 prazas de aparcadoiro subterráneo. Ademais, cumprirá cos requisitos esixidos pola UEFA para, no seu caso, obter o rango de estadio de Categoría 4, co que poderá albergar finais europeas, mundiais e demais eventos internacionais.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]