Píntega común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Píntega")
Píntega común (Salamandra sal. salamandra)
Distribución en Europa

A píntega común (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.

[editar] Localización e características

Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, as veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.

É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel conten pequenas cantidades de substancias tóxicas.

A píntega común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas