Sapo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Anfibios | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
| Xéneros | ||||||||||||||||||
|
Os verdadeiros sapos son membros da familia Bufonidae da clase (bioloxía) anfibios e da orde Anura. Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as ras dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.
Índice |
[editar] Características
Existen cerca de 4.800 especies de sapos. A maioría deles vive dentro ou próximo a unha fonte de auga, aínda que existen sapos que viven en ambientes húmidos mais que non son considerados ambientes acuáticos. A necesidade por auga é mais urxente para os ovos e as crías do sapo, a pesar de que algunhas especies utilicen pozas temporalmente e agua recollida nos ramos de plantas. Os anfibios dependen da auga para a posta de ovos -pois estes son sen casca- e para manter a pel húmida que resulta necesaria para a realización da respiración cutánea onde a troca de gases é feita pola pel. A respiración cutánea é necesaria pois a respiración pulmonar non é completamente eficiente.
[editar] Desenvolvemento e metamorfose
Os sapos producen unha transformación na súa etapa de desenvolvemento. Comezan a súa vida como cágados co corpo semellante a un peixe, sen patas, con aletas e respirando a través das branquias. Durante a metamorfose, as aletas transfórmanse en patas, desaparecerá a cola e a respiración pasará a ser pulmonar.
[editar] Distribución
Existen cerca de 4.800 especies de sapos. A maioría deles vive próximo a unha fonte de auga. Son capaces de habitar en multitude de biotopos e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de Siberia, norte de Canadá e Grenlandia e nas zonas desérticas máis áridas como o deserto do Sáhara; tampouco se atopan en Australia, Nova Celandia, Madagascar, e parte do Océno Índico.
[editar] Diferenza entre os sapos e as ras
O sapo distinguese da ra polo porte: é maior, mais voluminoso. Xeralmente vive en ambiente máis seco, ten membranas interdixitais pouco desenvolvidas. A pel é áspera e seca e son máis dados a camiñar que a saltar, de aí que as súas patas sexan máis curtas.
[editar] Clasificación
Esta familia foi creada por John Edward Gray (1800-1875) en 1825.
[editar] Lista de xéneros
- Adenomus Cope, 1861.
- Altiphrynoides Dubois, 1987.
- Andinophryne Hoogmoed, 1985.
- Ansonia Stoliczka, 1870.
- Atelophryniscus McCranie, Wilson et Williams, 1989.
- Atelopus Duméril et Bibron, 1841.
- Bufo Laurenti, 1768.
- Bufoides Pillai et Yazdani, 1973.
- Capensibufo Grandison, 1980.
- Churamiti Channing et Stanley, 2002.
- Crepidophryne Cope, 1889.
- Dendrophryniscus Jiménez de la Espada, 1871.
- Didynamipus Andersson, 1903.
- Frostius Cannatella, 1986.
- Laurentophryne Tihen, 1960.
- Leptophryne Fitzinger, 1843.
- Melanophryniscus Gallardo, 1961.
- Mertensophryne Tihen, 1960.
- Metaphryniscus Señaris, Ayarzagüena et Gorzula, 1994.
- Nectophryne Buchholz et Peters In Peters, 1875.
- Nectophrynoides Noble, 1926.
- Nimbaphrynoides Dubois, 1987.
- Oreophrynella Boulenger, 1895.
- Osornophryne Ruiz-Carranza et Hernández-Camacho, 1976.
- Parapelophryne Fei, Ye et Jiang, 2003.
- Pedostibes Günther, 1876.
- Pelophryne Barbour, 1938.
- Pseudobufo Tschudi, 1838.
- Rhamphophryne Trueb, 1971.
- Schismaderma Smith, 1849.
- Spinophrynoides Dubois, 1987.
- Stephopaedes Channing, 1979.
- Truebella Graybeal et Cannatella, 1995.
- Werneria Poche, 1903.
- Wolterstorffina Mertens, 1939.