Sabit Abdulai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sabit
Información persoal
Nome Sabit Abdulai
Nacemento 11 de maio de 1999
Lugar de nacemento Techiman
Altura 1,85 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 21
Carreira xuvenil
Spartans
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2019 Spartans 20 (1)
2018–2019 Extremadura B 22 (3)
2019–2020 Extremadura B 0 (0)
2020–2021 Extremadura 4 (1)
2020–2021 Getafe B 15 (0)
2021 Getafe 3 (0)
2021–2022 Getafe B 5 (0)
2022 Getafe 0 (0)
2022–2023 Ponferradina 19 (0)
2023– Lugo 8 (0)
Selección nacional
2019 Ghana sub-20 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Sabit Abdulai, nado en Techiman, Bono Oriental, Ghana, o 11 de maio de 1999, é un futbolista ghanés, que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF, cedido polo Getafe.

Traxectoria do club[editar | editar a fonte]

Nacido en Techiman,[1] formouse como futbolista no club Spartans de Kasoa, trasladándose en 2017 a España para incorporarse ao Deportivo Alavés. Con todo, por problemas cos documentos non puido fichar polo club vasco.[2] Máis tarde probou co Rio Ave (onde tampouco puido asinar contrato por problemas administrativos) e coa UB Conquense, antes de incorporarse ao Extremadura UD en xullo de 2018, en calidade de cedido polo Spartans. Foi destinado ao equipo filial da Tercera División, onde se fixo coa titularidade, conseguindo así que o club o adquirise en propiedade e lle fixese un contrato de cinco anos.

O 4 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo do Extremadura na Segunda División, nun partido ante o Numancia no que substituíu o seu compatriota Emmanuel Lomotey na segunda parte.[3] Marcou o seu primeiro gol co equipo 16 días despois, facendo o único tanto estremeño na derrota por 1-5 ante a UD Las Palmas.[4]

En agosto de 2020 saíu cedido ao Getafe B, da Segunda División B.[5] O 3 de abril de 2021 debutou co primeiro equipo do Getafe na Primeira División, substituíndo a Carles Aleñá nos minutos finais dun partido ante Osasuna. Disputou dous partidos máis da máxima categoría, incluído un ante o FC Barcelona no Camp Nou, onde tivo a difícil tarefa de frear a Leo Messi.[2]

Ese mesmo 2001 asinou un contrato por tres anos co Getafe, pero en xullo sufriu unha grave lesión no xeonllo,[6] permanecendo de baixa durante oito meses.[7] En agosto de 2022 foi cedido á Ponferradina, da Segunda División.[8] Disputou 20 partidos co club berciano, sen poder evitar o descenso do equipo. Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Lugo, da Primeira División RFEF.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Liga 2 club Extremadura UD promote Ghanaian youngster Sabit Abdulai to first team" (en inglés). 24 de maio de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Ghanaian Sabit Abdulai has gone from having no club to B teams to facing Messi". BBC (en inglés). 7 de maio de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  3. "El Numancia toma oxígeno de Segunda ante un rival directo". Marca (en castelán). 4 de xullo de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  4. Izquierdo, Jesús (20 de xullo de 2020). "Las Palmas cierra la temporada con una 'manita' al Extremadura". Marca (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  5. "Sabit jugará cedido en el Getafe". As (en castelán). 19 de agosto de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  6. Navacerrada, Juancar (23 de xullo de 2021). "Se confirman los peores presagios: Sabit, de seis a ocho meses de baja". Marca (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  7. "Sabit Abdulai recibe el alta y juega con el filial" (en castelán). 9 de abril de 2022. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  8. "La Ponferradina refuerza la medular con la cesión de Sabid Abdulai" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  9. "Sabit Abdulai, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 17 de xullo de 2023. Consultado o 18 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]