Getafe Club de Fútbol B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Getafe B
NomeGetafe Club de Fútbol B
Fundación1983
EstadioCiudad Deportiva,
Xetafe, España
Capacidade2.435
PresidenteEspaña Ángel Torres Sánchez
AdestradorEspaña Emilio Ferraras
Liga2ªB – Grupo 1
Segunda división B Española:19º
Na rede
http://www.getafecf.com/
Titular
Alternativo
Terceiro

O Getafe Club de Fútbol B é o equipo filial do Getafe Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1983, actualmente milita na Segunda División B, categoría na que xoga desde o seu debut na tempada 2010-11.

Historia[editar | editar a fonte]

Nace do mesmo xeito que o primeiro equipo, en 1983. Tras varios anos nas categorías inferiores logra ascender por primeira vez a Terceira División en 1994, aínda que só disputa a tempada 1994-95. Anos despois volvería a Terceira para permanecer tres tempadas, desde 1999 ata 2001, aínda que en malas posicións.

O club volveu ascender a Terceira no ano 2004. Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Getafe B mantivo unha boa serie de resultados desde entón, quedando nos últimos dous anos nos postos que permiten disputar o playoff para subir a Segunda División B. O filial xetafense certificou o seu ascenso á división de bronce na tempada 2009/10.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias cor azul escuro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias cor vermella.

Estadio[editar | editar a fonte]

O filial getafense xoga na Cidade Deportiva de Getafe, con capacidade para 1.500 espectadores. O estadio atópase a escasos metros do Coliseum Alfonso Pérez.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 8
  • Tempadas en : 13
  • Debut en 2ªB: 2010-11
  • Debut en : 1994-95
  • Mellor posto na liga: 7º en Segunda B (tempada 2010-11)
  • Peor posto na liga: 18º en Terceira (tempadas 1994-95 e 2000-01)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]