Russell Cross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Russell Cross
Posición Pivote
Dorsal 40
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 98 kg (215 lb)
Nacemento 5 de setembro de 1961 (53 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Carreira
Tempadas 19831993
NBA Draft 1983 / Rolda: 1 / Elección: 6

Escollido por Golden St. Warriors

Universidade Purdue
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     166 (3,7 pp)
Rebotes     82 (1,8 pp)
Tapóns     7 (0,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Russell Cross Jr., nado o 5 de setembro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA) e en Europa. Formado na Universidade de Purdue foi elixido no posto número 6 do Draft da NBA de 1983. Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Tras ser un dos mellores xogadores de instituto do país, chegando a formar parte do McDonald's All-American Team en 1980,[1][2] xogou durante tres tempadas cos Boilermakers da Universidade de Purdue, nos que fixo medias de 16,4 puntos e 6,7 rebotes por encontro.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sexta posición do Draft da NBA de 1983 por Golden State Warriors,[3][4] onde xogaría a súa única tempada na liga norteamericana, sen contar apenas para o seu adestrador. Nos 45 partidos que disputou fixo unha media de 3,7 puntos e 1,8 rebotes por partido. Foi despedido pouco antes do comezo da tempada 1984-85, asinando como axente libre polos Denver Nuggets, equipo co que nin sequera chegou a debutar.

Tras non atopar equipo na máxima competición, foi xogar á CBA estadounidense,.[5] onde permaneceu dúas tempadas no equipo dos La Crosse Catbirds. En 1987 recibe unha oferta para xogar no Alfasprint Napoli da Serie A italiana, onde permanece unha tempada promediando 14,2 puntos e 9,2 rebotes. En 1989 chega á Liga ACB, xogando tan só dous partidos de play-offs co Granollers, indo parar ao ano seguinte ao DYC Breogán de Lugo, onde unicamente disputou un encontro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]