Rubí
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rubí (homónimos).
| Rubí | |
|---|---|
| Rubí antes de ser pulido | |
| Fórmula química: | Al2O3::Cr |
| Clase: | Óxidos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Romboédrico |
| Cor: | Vermella |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 9 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,9-4,1 g/cm3 |
O rubí (do latín ruber, vermello) é un mineral variedade do corindón da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3, que contén tamén átomos de cromo e que é considerado unha das catro xemas preciosas xunto ó zafiro, a esmeralda e o diamante.
Índice |
[editar] Aspecto
De unha característica cor vermella, o rubí preséntase en forma de cristais tabulares hexagonais, rematados en certas ocasións en punta e noutras en forma de prisma. A súa cor pode ser rosada despois de ser pulido.
[editar] Lugares onde se atopa
O rubí atópase nas minas bauxíticas e nos ríos pouco profundos das zonas mesolíticas.
Encóntranse xacementos de rubí en Myanmar, Sri Lanka, India, Madagascar, Tailandia, China e Rusia. Ademais de atoparse en menor cantidade en Sudáfrica, Australia, Grenlandia e Estados Unidos. Os da península de Málaca son moi valiosos, chegando a alcanzar en valor ós diamantes do mesmo tamaño.
[editar] Usos do rubí
Os seus usos restrínxense á xoiería e as aplicacións láser para crear os láseres de helio-rubí e os de rubí puro.
O seu valor depende da súa cor, tamaño, densidade e pureza.
[editar] O rubí sintético
O primeiro rubí sintético fabricouse por vez primeira en 1923, mesturando alume e pigmentos de cromo. Este método permite a produción de pedras moi similares química e fisicamente ás naturais, porén o rubí sintético úsase máis en reloxería que para a fabricación de xoias.
Prepárase da seguiente maneira:
Primeiro mestúrase óxido de aluminio (Al2O3) e óxido de cromo (CrO3) estequiometricamente nun crisol de platino, logo colócase nunha mufla a uns 2000 K e finalmente enfríase deixando arrefecer o cristal no fondo do crisol.
A ley establece que os cristais sintéticos deben de ser marcados para non ser confundidos cos verdadeiros.
[editar] Propiedades
[editar] Físicas
O rubí é duro (dureza 9 na escala de Mohs) e a súa cor varía segundo a concentración de cromo na súa composición. O seu punto de fusión fluctúa entre os 2000 K, dependendo tamén da concentración de cromo.
[editar] Químicas
O rubí é resistente á corrosión pois é estable cinética e termicamente. Non se pode disolver en ácidos haloxenuros pero si no ácido sulfúrico para formar co cromo ácido crómico e co óxido de aluminio un sulfato ácido de aluminio. Tamén é atacado polos ácidos perclórico, fluorhídrico e hexafluorosílicico.
[editar] Outros óxidos
Outros óxidos importantes son:
O rutilo, a magnetita e a casiterita.