Corindón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corindón
Corindón variedade rubí
Fórmula química: Al2O3
Clase: Óxidos
Subclase:
Sistema cristalino: Romboédrico
Cor: Incolora, vermella, azul, amarela, verde e parda
Brillo: Vítreo
Dureza: 9
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Moi imperfecta
Raia: Branca
Densidade: 3,9-4,1 g/cm3

O corindón é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3 (contén un 53% de aluminio).

Índice

[editar] Aspecto

O corindón preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares, bipiramidales ou en forma de bocois.

[editar] Variedades de corindón

Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:

Existen outras moitas coloracións (incolora, amarela, verde e parda) aínda que son moito menos características desde mineral.

[editar] Lugares nos que se atopa

Podemos atopar corindón en xacementos de diversa natureza como en pegmatitas, en gneises, en mármores ou en peridotitas. Moito máis raro é atopalo en rochas volcánicas.

Tense atopado en forma detrítica nas areas no río Sil.

[editar] Usos do corindón

O corindón úsase basicamente en xoiería.

É ademais un axente abrasivo de grande efectividade cando é usado en sistemas para a preparación superficial do aceiro e traballos de gravado artístico en cristais, creando relieves con moita facilidade e incluso perforando o material. A altas presións pode cortar tamén o metal.

Pódese usar coma aditivo na elaboración do aceiro, otorgándolle características sobresalientes de maleabilidade.

[editar] Outros óxidos

Outros óxidos importantes son:

O rutilo, a magnetita e a casiterita.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas