Roberto Soldado
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Roberto Soldado Rillo | ||
| Nacemento | 27 de maio de 1985 (27 anos) | ||
| Lugar | Valencia, España | ||
| Altura | 1,79 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Valencia | ||
| Número | 9 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Don Bosco | |||
| 2000–2002 | Real Madrid | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2002–2006 | Real Madrid B | 120 | (63) |
| 2005–2008 | Real Madrid | 16 | (2) |
| 2006–2007 | → Osasuna (cedido) | 30 | (11) |
| 2008–2010 | Getafe | 60 | (29) |
| 2010– | Valencia | 99 | (57) |
| Selección nacional | |||
| 2001 | España sub-15 | 2 | (0) |
| 2001–2003 | España sub-17 | 18 | (12) |
| 2003 | España sub-18 | 3 | (3) |
| 2002–2004 | España sub-19 | 9 | (5) |
| 2004–2007 | España sub-21 | 9 | (6) |
| 2007– | España | 7 | (4) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 11 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 14 de novembro de 2012. |
|||
Roberto Soldado Rillo, nado en Valencia o 27 de maio de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Valencia Club de Fútbol.
Índice |
Traxectoria [editar]
Chegou ás categorías inferiores do Real Madrid aos catorce anos, o verán de 2000, tras destacar no Don Bosco CF, equipo valenciano de categoría autonómica.
Tras pasar por todas as categorías inferiores do Real Madrid, a tempada 2002/03 ascende ao Real Madrid Castilla, onde empeza a despuntar como goleador: 7 tantos o primeiro ano, 16 o segundo e 21 o terceiro, no que ademais o filial logra o ascenso a Segunda División. Esa mesma tempada chega a debutar en partido oficial co primeiro equipo, con motivo dun partido da Copa do Rei ante o CD Tenerife.
A seguinte tempada, a pesar de ter aínda ficha co Castilla, chega o seu debut co primeiro equipo na Primeira División -o 23 de outubro de 2005 ante o Valencia CF- así como na Liga de Campións. A pesar de ser requirido en varias ocasións polo primeiro equipo, nos 29 partidos que esa tempada disputa co filial logra 19 goles, quedando como o segundo máximo goleador da Segunda División esa tempada.
Na tempada 2006-07 foi cedido ao Club Atlético Osasuna de Primeira División, onde se converte no máximo realizador do seu equipo, con once goles na liga, ademais de lograr o maior éxito na historia do club ao alcanzar as semifinais da Copa da UEFA.
A boa tempada realizada en Pamplona permitiulle regresar ao Real Madrid o verán de 2007, ademais de ampliar o seu contrato co club branco ata o 2012. Na súa volta ao equipo branco o xogador loce o dorsal número 9. A tempada termina co título ligueiro conquistado polo seu equipo, aínda que Soldado apenas conta para o adestrador, Bernd Schuster, e só disputa 8 partidos en toda a tempada (entre Liga, Copa e Liga de Campións).
O 29 de xullo de 2008 o xogador foi traspasado ao Getafe CF por seis millóns (catro iniciais e dous máis se o xogador é vendido, no futuro, a outro club). O contrato foi de catro tempadas.
Na súa primeira tempada no Getafe, arrinca a tempada alternando entre a titularidade e a suplencia, pero aos poucos partidos, tras as súas boas actuacións convértese nun fixo nas aliñacións de Víctor Muñoz. A pesar do mal rendemento do equipo, Soldado logra anotar 13 goles en 34 partidos. Esta tempada o equipo logra a permanencia grazas a Michel, que substituíu a Víctor Muñoz na xornada 31. O Getafe termina 17º e Soldado máximo goleador do equipo.
A seguinte tempada, o equipo de Michel arrinca con bo pé a liga, gañando 1-4 contra o Racing de Santander con tres goles de Soldado. Nesta tempada o equipo navega tranquilo toda a tempada pola primeira metade da táboa grazas ao bo nivel de xogo do equipo e o gran rendemento de xogadores como Pedro León e Soldado. A Liga termina co Getafe 6º, meténdose na UEFA Europa League. Roberto, que termina a tempada anotando 16 goles en 26 partidos, non puido xogar máis partidos por unha lesión no xeonllo que o mantivo afastado dos terreos de xogo 6 semanas. Na Copa do Rei, o Getafe chegou a semifinais, onde foi eliminado polo Sevilla FC. Soldado fixo 4 goles en 4 partidos. Terminou a tempada como máximo goleador do seu equipo. En total, 30 partidos, 20 goles.
O 9 de xuño de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Valencia CF por dez millóns de euros.[1]
Selección nacional [editar]
Foi internacional con España nas categorías inferiores da selección.
Os seus bos números como dianteiro do Osasuna propiciaron que o 25 de maio de 2007, fose incluído por primeira vez nunha lista de convocados da Selección absoluta para disputar dous partidos de clasificación para a Eurocopa de 2008. Converteuse así no 23º xogador que debutaba baixo as ordes de Luis Aragonés.
O seu debut produciuse días despois, o 2 de xuño de 2007, nun partido en Riga contra a selección de Letonia. O resultado foi de 0-2 a favor de España, efectuando a asistencia para o segundo gol.
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Liga española | Real Madrid | 2008 |
Distincións individuais [editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Trofeo Zarra da Segunda División | 2006 |
Notas [editar]
- ↑ Las Provincias (9 de xuño de 2010). "Soldado xa é do Valencia". http://valenciacf.lasprovincias.es/noticias/2010-06-09/soldado-valencia-20100609.html. Consultado o 9 de xuño de 2010.