Kutná Hora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 49°57′00″N 15°16′01″E / 49.95000°N 15.26694°E / 49.95000; 15.26694

Kutná Hora
Bandeira de Kutná Hora Escudo de Kutná Hora
Bandeira Escudo
Fotografía de Kutná Hora
Fundación Século XIII
Estado República Checa República Checa
Rexión Flag of Central Bohemian Region.svg Bohemia Central
Nome
Xeografía
Superficie 33,05 km²
Altitude 254 m
Poboación
Poboación 20.470 (2013)
Densidade 640 hab/km²
Información
Código postal
NUTS
Alcalde Ivo Šanc
Situación
tipo mapa de Kutná Hora
www.kutnahora.cz


Kutná Hora é unha vila da República Checa, capital do distrito do mesmo nome na rexión de Bohemia Central. En 2013 tiña 20.470 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A vila naceu no século XIII, ligada ás minas de prata que hai nas proximidades, se ben a explotación das mesmas data polo menos do século X, pois atopáronse dínares de prata de finais dese século no asentamento de Malín. Tivo unha grande riqueza económica por mor do título outorgado por Wenceslao II de Bohemia, e até o século XVI tivo gran relevancia, chegando a competir con Praga en poder económico, cultural e político.

En 1420 o emperador Sexismundo estableceu na vila a base militar desde onde atacar aos Taboritas durante as guerras husitas. Esta campaña militar acabou coa toma da cidade por Jan Žižka, que a levou a outro período de esplendor económico. Porén, despois da reconciliación das partes contendentes, a vila foi incendiada polas tropas imperiais para evitar que volvese caer en mans dos Taboritas.

En 1541 as minas sufriron unha inundación, e a insurrección de Bohemia contra Fernando I de Habsburgo fixo que a cidade perdese os seus privilexios. A Guerra dos Trinta Anos e varias epidemias de peste fixeron que a vila perdese definitivamente toda a importancia que tivera no pasado.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Kutná Hora: centro histórico da vila, Igrexa de Santa Bárbara e Catedral da Nosa Señora en Sedlec
Kutná Hora - pohled od Svaté Barbory.jpg
Vista xeral
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1995 (sesión XXIV)
País: República Checa República Checa
Localización:
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: (ii, iv)
Descrición UNESCO: fr en

O centro histórico de Kutná Hora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995, destacando nel a Igrexa de Santa Bárbara (iniciada en 1388 e rematada en 1905) e a Catedral da Nosa Señora en Sedlec[1].

Outros lugares de interese son a capela do Corpus Christi, o Castelo Real (tamén chamado Patio Italiano), o claustro das Ursulinas (século XVIII), a colexiata de Santiago, o colegio dos Xesuítas, a columna votiva da peste e as igrexas de Santiago e San Xoán Nepomuceno.

No barrio de Sedlec están dous dos monumentos máis importantes da vila: a Capela funeraria de Todos os Santos, co seu osario, e a igrexa da Nosa Señora.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véase también[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Kutnohorita, mineral así chamado por ser descuberto nas minas da vila.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kutná Hora