Rally de Ourense de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Ourense de 1992
CategoríaEspaña
Galicia
LocalizaciónGalicia Ourense
OrganizadorEscudaría Ourense
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos20
Distancia tramos212 km
Gañadores
Piloto campiónEspaña Jesús Puras
Participantes
Pilotos60
AnteriorRally de Ourense de 1991
SeguinteRally de Ourense de 1993

O Rally de Ourense de 1992 foi a 25º edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 16 e o 18 de outubro e o vencedor foi o cántabro Chus Puras.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

O rally constou de 634 quilómetros, dos cales 212 corresponderon aos 20 treitos cronometrados. A saída e a chegada, así como o parque pechado situáronse no parque de San Lázaro. Nas primeira dúas seccións fixéronse dúas pasadas polos treitos de Tríos-Esgos, Chandrexa, Cas­tro Caldelas, Canón do Sil e Pradomao. Na segunda metade do rally os treitos a percorrer foron A Peroxa, Os Peares, Luíntra, Puga e Ramirás-Toén, tamén con dúas pasadas a cada un deles.[2]

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 60 pilotos, incluídos os primeiros clasificados no Campionato de España, do que o Rally de Ourense era unha das últimas probas. O canario Ricardo Avero, cuarto no campionato, foi o único dos primeiros clasificados que non se inscribiu. Tanto Chus Puras como Luis Monzón e José María Ponce chegaron á proba ourensá con opcións para se proclamaren campións de España. Respecto ao campionato galego participaron tamén os principais pilotos (Castrillón, Piñeiro, Paz, Magdaleno, Blach), destacando a ausencia de Manolo Senra, máis centrado nos rallys de terra.[2]

Resumo[editar | editar a fonte]

Os Lancia Delta HF Integrale de Chus Puras e Luis Monzón foron os máis rápidos con moita diferenza, ata que este último tivo que abandonar no segundo paso por Castro Caldelas por un problema mecánico, polo que Puras chegou á meta de xeito despreocupado con máis de 5 minutos de vantaxe sobre o BMW M3 de Chema Ponce, que rematou segundo, e máis de 11 sobre o terceiro, Luis Climent. O líder do campionato galego, Germán Castrillón abandonou antes de comezar a sección nocturna, cando ía en quinta posición. Con todo, incluso co abandono rematou o rally como campión galego.[3] Tamén abandonaron Daniel Alonso, Oriol Gómez e Javier Piñeiro. Sergio Vallejo e José María Banga aproveitaron estes abandonos para metérense entre os cinco primeiros.[4]

Clasificación final[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1 España Jesús Puras España Álex Romaní Lancia Delta HF Integrale 2:20:43
2 España José María Ponce España José Carlos Déniz BMW M3 2:26:32
3 España Luis Climent España José Antonio Muñoz Opel Corsa GSI 2:32:16
4 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 309 GTI 16V 2:37:29
5 Galicia José María Banga Galicia Modesto González Citroën AX Sport 2:46:20
6 Galicia Juanjo Pérez Galicia Rubén Comesaña Peugeot 309 GTI 16V 2:50:00
7 Galicia Germán Linares Galicia Ignacio Pardo Renault 5 GT Turbo 2:55:36
8 Galicia Germán Gómez Galicia Juan Barros Citroën AX Sport 2:56:37
9 España Jaime Azcona Alemaña Julius Billmaier Peugeot 205 Rallye 2:57:15
10 España Sergio García España José Ramón Andrés Peugeot 205 Rallye 2:58:18
Abandonos
- España Luis Monzón España Gaspar León Lancia Delta HF Integrale -
- España Daniel Alonso España Salvador Belzunces Ford Sierra Cosworth -
- Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth -
- España Oriol Gómez España Marc Martí Peugeot 309 GTI 16V -
- España Kiko Cima España Jacinto Martínez Renault Clio 16v -
- Galicia Javier Piñeiro Galicia Carlos Cascallar Lancia Delta Integrale -
- España Iñigo Lilly España Mario Saguillo Opel Corsa GSI -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003": 227. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (17 de outubro de 1992). "Puras, Monzón y Ponce se juegan en Orense el campeonato nacional" (en castelán). 49. 
  3. Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49. 
  4. Míguez, Luis J. (19 de outubro de 1992). "Ponce siente el aliento de Puras". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
Rally Mil Vistas