Río Lozoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°52′25″N 3°27′18″O / 40.87361, -3.45500

Río Lozoya
O río Lozoya ao seu paso
por Buitrago del Lozoya
PaísEspaña España
Comunidade autónomaMadrid
Castela-A Mancha
NacementoMacizo de Peñalara (Rascafría, Madrid)
Altitude2 020 m
Lonxitude91 km
Conca1 265 km²
Caudal medio9,94 /s
DesembocaduraRío Jarama
(Uceda, Guadalajara)
Altitude desembocadura698 m

O Lozoya é un río da Península Ibérica que atravesa transversalmente o norte da Comunidade de Madrid, e desemboca no río Jarama na provincia de Guadalaxara (Castela-A Mancha).

Este curso de auga ten a súa fonte no Parque Natural de Peñalara, na vertente madrileña da serra de Guadarrama, e é o principal abastecedor de auga potábel da Comunidade de Madrid. A súa auga está considerada como unha das de maior calidade para o consumo humano de España.[1]

Ao longo do seu curso de 91 km é embalsado até en cinco ocasións. Seu principal encoro, o de El Atazar, é tamén o de maior capacidade de almacenamento de auga da rexión.

A súa conca coincide coa comarca da Serra Norte de Madrid, e ten unha superficie de 1 265 km². Seu curso forma o val do Lozoya, onde se encontra o municipio de Lozoya, do que o río toma seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]