Estreito da Tartaria
O estreito de Tartaria (Golfo de Tartaria, e Golfo tártaro ou Estreito tártaro, para los xaponeses estreito de Mamiya e para os rusos estreito de Nevelskoi) é un estreito no océano Pacífico que separa la illa rusa de Sakhalin do sueste ruso da Asia continental, conectando ao mar de Ojotsk co mar do Xapón. Ten 900 km de lonxitude, entre 4 e 20 m de profundidade, e 7,3 km de anchura no seu punto máis angosto.
O nome Tartaria, que provén dos tártaros, é unha forma arcaica para varios pobos de Asia. Neste caso refírese a varios pobos de Manchuria, que en tempos históricos foi chamada Tartaria Oriental.
En Xapón, o estreito leva o nome de Mamiya Rinzo, que o atravesou en 1808, mentres os autores rusos prefiren darlle o nome do Almirante Nevelskoi, explorador da área en 1848.
"Estreito de Tartaria" (Strait of Tartary) é tamén o nome dun poema de Walter de la Mare, no que fala de Tartaria como terra de Asia no norte de China.
Este estreito foi o lugar polo que os Ainu chegaron a Sakhalin (Karafuto) desde a Asia continental.