Quincho Yarza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yarza
Información persoal
Nome Joaquín Yarza Ormazábal
Nacemento 1881
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 1972
Posición Defensa
Centrocampista
Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1902–1904 Moderno FC
1904–1907 Madrid FC
1907–1909 Vigo FC
1909 Pontevedra Sporting
1909–1911 Real Club Coruña
1912–1914 Deportivo da Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Joaquín Yarza Ormazábal, tamén coñecido como Quincho Yarza, nado en Vigo en 1881 e finado na mesma cidade en 1972, foi un futbolista, mariño e industrial naval galego.[1] Integrante histórico do Madrid Foot-Ball Club, xunto ao seu irmán Manuel Yarza, foi campión da Copa do Rei en tres ocasións consecutivas, de 1905 a 1907.[2] Na edición de 1908 ambos foron rivais, tras recalar Quincho no Vigo FC.

Fóra do fútbol, serviu na Armada, chegando a capitán, e dedicouse á industria naval en Vigo, creando entre outras empresas o estaleiro Construcciones Navales Yarza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do innovador do sector industrial naval José Joaquín Yarza Albea, natural de Donostia.[3] Militou xunto co seu irmán Manuel no Moderno Football Club de Madrid e trala absorción deste en 1904 polo Real Madrid (naquel entón Madrid Foot-Ball Club), ambos pasaron ao equipo branco.[4] Xogou no Madrid ata 1907, gañando tres Copas do Rei consecutivas (1905, 1906 e 1907), sendo titular nas tres finais, as dúas últimas xunto co seu irmán. A continuación pasou a xogar no Vigo FC da súa cidade natal, co que disputou a final da Copa do Rei de 1908, perdendo contra o Madrid e contra o seu irmán.

Futbolista polivalente, xogou tanto na defensa como no medio do campo e no ataque. Del escribiuse que puidese ser o primeiro profesional do fútbol en España, durante a denominada época do amateurismo marrón ou profesionalismo encuberto, ao recibir pagos do club vigués, e nalgunhas crónicas da súa época era referido como "profesional".[5][6]

Deixou o club madrileño en 1909 e ese mesmo ano participou na Copa do Rei nas filas do Galicia FC, caendo eliminado nas semifinais contra o Club Ciclista de San Sebastián.[7] Tras un breve paso polo Pontevedra Sporting, recalou no Real Club Coruña, equipo no que coincidiu na dianteira con Joaquín Caruncho e no que xogou ata 1911.[8] A continuación pasou brevemente polo Deportivo da Coruña, club co que debutou o 31 de marzo de 1912 nun partido contra o Compostela FC no antigo campo de Riazor.[9][10] Xogou e adestrou o club coruñés ata setembro do mesmo ano, cando marchou a Madrid.[11][12] Con todo, regresou ao ano seguinte e volveu xogar no Deportivo ata 1914.[13][14]

Fóra do fútbol, enrolouse na Armada e foi maquinista naval, sendo destinado a varios buques como o Bonifaz, Almirante Cervera ou o Laya.[15][16][17] Xa como capitán, foi profesor na Academia de Maquinistas,[18] e en 1935 entrou na Escola de Maquinistas de Ferrol para especializarse en motores.[19] Durante a guerra civil foi desterrado,[20] e trala fin do conflito, destinado ao cruceiro Galicia.[21]

En 1941 instalouse definitivamente en Vigo, onde se dedicou ao sector industrial naval. Xunto con Luis Iglesias Fernández, industrial e presidente do Celta de Vigo, comercializou a marca de queimadores Yarigle (acrónimo de Yarza e Iglesias), así como outros instrumentos navais.[3] En 1952 creou en Teis o estaleiro Construcciones Navales Yarza, xunto aos seus irmáns Tomás e Román.[3] Joaquín retirouse nos anos 60, cando a empresa familiar se fusionou con Ascón.[22][3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1923 con Carmen Luaces Grandal,[23][24] coa que tivo varios fillos, entre eles o historiador da arte Joaquín Yarza Luaces, que naceu en 1936 en Ferrol.[25]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Madrid FC

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Galerna (ed.). "Sagas familiares del Real Madrid (1ª parte)". Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  2. Arnáiz 2002.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 González Martín, Xerardo (1 de novembro de 2012). "Los Yarza, volcados en mejorar la industria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 
  4. Diario Gran Vida. Notas de Sport. Concurso regional de foot-ball. Edición del 1 de noviembre de 1903.
  5. Ventureira, Rubén. "Galicia nos anos previos á profesionalización" (PDF). Cidade da Cultura de Galicia. p. 51. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  6. "Notas de Sport". El Eco de Galicia (en castelán) (1094). 27 de marzo de 1910. p. 1. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  7. "El campeonato de España". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de abril de 1909. p. 1. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  8. "El fútbol en La Coruña hace 20 años". El Balón (en castelán) (324). 16 de xuño de 1930. p. 6. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  9. "Coruña-Santiago". Gaceta de Galicia (en castelán) (74). 2 de abril de 1912. p. 1. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  10. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1912. p. 1. 
  11. Luis Arnáiz 2002.
  12. "Bajas sensibles" (PDF). Vida Sportiva (en castelán). 15 de setembro de 1912. p. 5. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  13. "Coruña-Vigo". Noticiero de Vigo (en castelán) (11578). 22 de xullo de 1913. p. 1. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  14. "Foot-ball". Coruña Cómica (en castelán) (4). 29 de marzo de 1914. p. 14. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  15. "Del departamento". El Correo Gallego (en castelán) (18308). 4 de xuño de 1930. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  16. "Ascenso de un contralmirante". El Pueblo Gallego (en castelán) (2480). 6 de marzo de 1932. p. 14. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  17. "Marina. Diario Oficial". El Correo Gallego (en castelán) (18880). 7 de abril de 1932. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  18. "Notas de Marina del departamento". El Ideal Gallego (en castelán) (3998). 1 de xullo de 1933. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  19. "Cuerpo de maquinistas". El Correo Gallego (en castelán) (19782). 29 de xuño de 1935. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  20. "Maquinistas desterrados". El Correo Gallego (en castelán) (20147). 8 de setembro de 1936. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  21. "Disposiciones de Marina - Destinos de personal". El Correo Gallego (en castelán) (20967). 5 de maio de 1939. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  22. González Martín, Xerardo (10 de marzo de 1977). "El Grupo Pérez se hace con el control de Ascon" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  23. "Ecos locales". El Correo Gallego (en castelán) (16186). 17 de xullo de 1923. p. 1. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  24. "Los que se casan". El Ideal Gallego (en castelán) (1940). 9 de decembro de 1923. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 
  25. "Notas demográficas". El Pueblo Gallego (en castelán) (4056). 21 de agosto de 1936. p. 7. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnáiz, Luis (2002). 100 Finales de Copa: historia del Campeonato de España (en castelán). Interviú, RTVE e RFEF. p. 130. 
  • González Villar, Celso (1959). Albores del fútbol vigués 1905-1923 (en castelán). Faro de Vigo. p. 267.  

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]