Provincia de Barletta-Andria-Trani
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| País | |
| Rexión | |
| Capital | Barletta, Andria e Trani |
| Área | 1.538,66 km² |
| Poboación | 384.293 (2005) |
| Densidade | 249,76 hab/km² |
| Municipios | 10 |
| Matrícula | BT |
| Código postal | 70051-70031-70059 |
| Prefixo telf. | 0883, 080 |
| Presidente | Francesco Ventola (2009) |
| Situación da Provincia de Barletta-Andria-Trani en Italia | |
Barletta-Andria-Trani é unha provincia da rexión italiana de Puglia, que foi constituída no 2004. Creouse a partir de dez concellos (comuni) que estaban anteriormente na provincia de Bari e na de Foggia. O seu nome provén das tres cidades que comparten as funcións administrativas da nova provincia. A poboación total dos dez municipios que comprenden a nova provincia era de 383.018 habitantes (censo de 2001).
Municipios [editar]
A nova provincia comprende 10 municipios (poboación do censo do 2001):
Sete da Provincia de Bari:
- Andria (95.653)
- Barletta (92.094)
- Bisceglie (51.718)
- Canosa di Puglia (31.445)
- Minervino Murge (10.213)
- Spinazzola (7.362)
- Trani (53.139)
Tres da Provincia de Foggia:
- Margherita di Savoia (12.585)
- San Ferdinando di Puglia (14.361)
- Trinitapoli (14.448)