Sonny Bono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonny Bono

Salvatore Phillip "Sonny" Bono (19351998) foi un produtor discográfico, cantante, actor e político estadounidense.

Bono principou a súa carreira musical traballando para o produtor discográfico Phil Spector no inicio dos anos 1960. Mais tarde na mesma década, tivo un grande éxito comercial coa súa entón dona Cher, como parte do dúo Sonny & Cher. Bono escribiu, fixo os arranxoe e produciu singles exitosos como I Got You, Babe e The Beat Goes On. Entre 1971 e 1974 protagonizaron un programa da CBS, The Sonny & Cher Comedy Hour. En 1974 divorciouse de Cher e comeza a actuar con pequenos papeis en series como Fantasy Island e The Love Boat.

Foi alcalde de Palm Springs e congresista republicano por California (1994-1998).