Conversa:Pota

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Potas e voadores son nomes colectivos de moluscos cefalópodos moi semellantes. ¿Cal é a referencia que valida para o Todarodes sagittatus o nome común de pota, e para Illex coindetti o de voador? Pedro --Lameiro (conversa) 14:11, 12 de outubro de 2010 (UTC)

  • Ola Pedro. A única referencia que teño eu en textos galegos de nomes para os xéneros Todarodes e Illex é a Guía dos mariscos de Galicia de Rosa Ramonell (Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3), de 1985, que dá para Todarodes sagittatus o nome galego de pota, coa variante pouta e o sinónimo lura pota, que cadra ben cos nomes portugueses que ela cita, pota e *lura (por lula) pota. E para Illes condietti, que é volador en castelán e catalán, os de alura, calamar, choupa, chuvión e lura. Pola súa parte, M. C. Ríos Panisse, na súa Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces.(Santiago: Universidad de Santiago. Verba. Anejo nº 7, 1977. ISBN 84-7191-008-X), recolle para esta especie o nome de choupa en catro potos, e alura e xuibión en cadansúa localidade (para Todarodes só inclúe citas bibliográficas, que son dubidosas como ela mesmo admite no prólogo).
Polo tanto, de querermos adxudicar un nome autóctono diferente para cada xénero, como recomendan as normas para o establecemento de nomes vulgares e vulgarizados das especies biolóxicas, unha proposta posíbel sería a de reservar pota para Todarodes sagittatus (ou pota común ou pota europea cando se fale en contextos nos que aparezan outras especies do xénero), e choupa para Illex coindetti (o choupa común ou choupa europea). Daviña. --XoioÉche o que hai 19 de xuño de 2013 ás 16:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pota. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 05:50 (UTC)[responder]