Poteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poteira e tanza.

Unha poteira é un pequeno aparello para a pesca deportiva ou artesanal das lulas. Consiste nun chumbo arrodeado de anzois na súa parte inferior, e forrado con plástico de cores rechamantes ou vernizado cunha luz química.

A técnica de pesca consiste en baixar primeiro a poteira á pendura dunha tanza (liña) até estar preto do fondo, para despois dar un tirón brusco cara a arriba e deixar caer de novo. A repetición continua deste movemento, xunto coa luz ou brillo da poteira, chama a atención da lula que vorazmente se bota a engulir por confundila cun peixiño.