Portal:Lombardía/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Lombardía:

1[editar a fonte]

Claudio Abbado, nado en Milán o 26 de xuño de 1933 e finado en Boloña o 20 de xaneiro de 2014, foi un director de orquestra italiano. En 2013 foi nomeado senador vitalicio no Senado de Italia. Abbado estivo á fronte de catro das institucións máis importantes da música europea, o Teatro alla Scala de Milán, a London Symphony Orchestra, a Wiener Staatsoper, e a Berliner Philharmoniker. O seu interese por formar e achegar a música clásica á xente nova materializouse en proxectos como a European Union Youth Orchestra en 1978 ou a Gustav Mahler Jugendorchester en 1986. Abbado destacou tamén pola difusión da música contemporánea, especialmente do compositor italiano Luigi Nono, de quen estreou varias obras.

O seu traballo discográfico abrangue todo o gran repertorio, tanto sinfónico como operístico, dos séculos XIX e XX. Realizou gravacións dos ciclos sinfónicos máis importantes: sinfonías e música coral de Johannes Brahms, sinfonías de Gustav Mahler, Piotr Ilich Tchaikovski, Sergei Prokofiev, Modest Mussorgsky, Antonín Dvořák e Wolfgang Amadeus Mozart. No que respecta ao repertorio operístico, Abbado realizou gravacións de grande éxito, especialmente das óperas de Rossini La Cenerentola e Le nozze di Figaro, e sobre todo a súa gravación de Carmen protagonizada por Teresa Berganza e Plácido Domingo.

Abbado foi considerado por moitos, xunto con Riccardo Muti, un dos sucesores da tradición italiana encarnada por Arturo Toscanini e Victor de Sabata.


2[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/2

3[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Biografía destacada/10