Portal:Illa de Man/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos as biografías destacadas no portal Illa de Man:

1[editar a fonte]

Mark Cavendish, nado o 21 de maio de 1985 en Douglas (Illa de Man), é un ciclista manx do Reino Unido. Fíxose profesional en 2006 co equipo T-Mobile, pasando en 2008 ó equipo HTC-Columbia, e en 2012 ó equipo Sky. Cavendish está considerado o mellor sprinter da súa xeración, e un dos mellores da historia.

Entre as vitorias mais salientables da súa carreira caben salientar as seguintes:


2[editar a fonte]

Samantha Jane Barks, nada o 2 de outubro de 1990 en Laxey, é unha actriz e cantante manx principalmente coñecida por interpretar a Éponine no filme de 2012 Les Misérables. Saltou á fama despois de ocupar o terceiro lugar na serie de televisión temática da BBC I'd Do Anything en 2008. En 2012, protagonizou xunto a Jonathan Bailey a serie de Disney Channel Groove High, e fixo o seu debut cinematográfico como Éponine na versión cinematográfica do musical Les Misérables.

A súa actuación en Les Misérables foi moi aclamada e obtivo nomeamentos ao Screen Actors Guild Award á mellor interpretación dun elenco nun filme, ao Satellite Award á mellor actriz secundaria - Película e ao Broadcast Film Critics Association Award ao mellor conxunto actoral, e gañou o Empire Award á Mellor Revelación Feminina e compartiu o National Board of Review Award ao Mellor Elenco.


3[editar a fonte]

Robert "Bob" Corteen Carswell, nado 1950, é un escritor, presentador de radio e activista da lingua manx, galardoado en 2013 co premio da Manx Heritage Foundation Reih Bleeaney Vanannan polas súas contribucións á cultura manx. Ostenta o posto cerimonial de Yn Lhaihder.

Bob Carswell entrou en contacto pola primeira volta co manx a través da lectura, o clásico os textos clásicos First Lessons in Manx de Edmund Goodwin mais unha edición de 1775 Conaant Noa (Novo Testamento). A principios da década de 1970 converteuse en socio e logo directivo da sociedade para a promoción da lingua manx, Yn Çheshaght Ghailckagh. Grazas ao labor nesta asociación entrou en contacto co mundo da radio a finais da década de 1970 ao se facer cargo voluntariamente dun espazo semanal de 15 minutos que Manx Radio lle concedeu a difusións en lingua manx. As súas achegas incluían novas e comentarios, así como tamén históricas cómicas, pequenas pezas teatrais e documentais. Con posterioridade entrou a formar parte do Gaelic Broadcasting Committee, ademais está considerado unha das voces máis importantes da radiodifusión en manx. Presenta os programas semanais en manx Claare ny Gael, espazo no que difunde a vida mais a cultura en manx, a través da riqueza das tradicións e da música", Traa dy Liooar e mais o bilingüe Shiaght Laa.


4[editar a fonte]

Edward "Ned" Maddrell, nado no ano 1877 e falecido o 27 de decembro de 1974, foi un pescador manx considerado o último falante nativo da lingua manx. Logo da morte de Mrs. Sage Kinvig (1870–1962), Maddrell foi a única persoa que podía dicir que falara manx dende a súa xuventude (segundo algunhas fontes Maddrell tiña coñecementos de inglés antes de aprender manx, que o aprendeu dunha tía avoa súa, aínda que outros nesa época o falaban como segunda lingua.

A diferenza doutros falantes nativos de manx, Maddrell parece que disfrutaba da súa relativa popularidade, e sempre se mostrou disposto a ensinar aos novos que trataban de revitalizar a lingua (como Leslie Quirk ou Brian Stowell). Cando o político irlandés Éamon de Valera visitou a Illa de Man, pediu visitar a Ned Maddrell. De Valera levaba tempo preocupado pola inactividade do goberno británico e das autoridades da Illa de Man na conservación do idioma, polo que enviou a un equipo da Irish Folklore Commission cunha gravadora para preservar o que quedara del.


5[editar a fonte]

Brian Stowell, nado en Douglas (Illa de Man) o 6 de setembro de 1936 e finado o 18 de xaneiro de 2019, foi un dos principais activistas da recuperación da lingua manx e realizou numerosas gravación de anciáns falando esta lingua. Tamén participou nas emisións de Manx Radio.

Brian Stowell publicou obras en lingua manx, incluíndo Contoyryssyn Ealish ayns Cheer ny Yindyssyn unha tradución de Alicia no país das marabillas publicada en 1990. En marzo do 2006 publicouse Dunveryssyn yn Tooder-Folley (Os asasinos de vampiros) - a primeira novela completa en lingua manx.

No Tynwald Day do 2010, o Dr Stowell foi recoñecido co Tynwald Honour, o maior recoñecemento que o Tynwald pode outorgar a un cidadán.