Ned Maddrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da illa de Man.

Edward "Ned" Maddrell, nado no ano 1877 e falecido o 27 de decembro[1] de 1974, foi un pescador da Illa de Man considerado o último falante nativo da lingua manx.

Logo da morte de Mrs. Sage Kinvig (1870–1962), Maddrell foi a única persoa que podía dicir que falara manx dende a súa xuventude (segundo algunhas fontes Maddrell tiña coñecementos de inglés antes de aprender manx, que o aprendeu dunha tía avoa súa[2]), aínda que outros nesa época o falaban como segunda lingua.

Maddrell gravou algunhas conversas por motivos de preservación lingüística; por exemplo, en 1948 gravou o que segue sobre a pesca (en manx e inglés):

Dooyrt "Ballooilley" rish:
"Ballooilley" said to him:
"Vel ny partanyn snaue, Joe?"
"Are the crabs crawling, Joe?"
"Cha nel monney, cha nel monney," dooyrt Joe. "T'ad feer ghoan."
"Not much, not much," said Joe. "They're very scarce."[3]

A diferenza doutros falantes nativos de manx, Maddrell parece que disfrutaba da súa relativa popularidade, e sempre se mostrou disposto a ensinar aos novos que trataban de revitalizar a lingua (como Leslie Quirk ou Brian Stowell). Cando o político irlandés Éamon de Valera visitou a Illa de Man, pediu visitar a Ned Maddrell. De Valera levaba tempo preocupado pola inactividade do goberno británico e das autoridades da Illa de Man na conservación do idioma, polo que enviou a un equipo da Irish Folklore Commission cunha gravadora para preservar o que quedara del.

Obxeccións á consideración de Ned Maddrell como último falante nativo de manx[editar | editar a fonte]

Ao igual que ocorre con Dolly Pentreath, considerada como a derradeira falante nativa de córnico, existe unha certa controversia sobre se Ned foi realmente o último falante nativo de manx.

A primeira obxección é que existe un pequeno número de nenos que falan manx como primeiro idioma na actualidade. O argumento en contra é que estes nenos falan unha forma moderna da lingua manx e son falantes nativos no mesmo sentido que os novos israelís son falantes nativos de hebreo moderno, non do hebreo clásico, xa que falan unha lingua recuperada tras ter desaparecido como lingua viva.

A segunda obxección é que moitos falantes nativos de manx non o facían públicamente, posto que este idioma tiña un certo estigma social ademais do feito de que algúns falantes nativos de manx emigraron. Por exemplo, unha historia sen confirmar fala dun falante nativo que morreu en Chicago nos anos '80, uns dez anos despois de Ned Maddrell.

Por último, tamén se afirma que Ned Maddrell non era un falante nativo, posto que o aprendeu sendo un neno dunha tía avoa súa e non dos seus pais. Sen embargo, Ned falábao de xeito fluído dende moi cativo, polo que se non era un falante nativo, era algo moi próximo. Por outra banda, Leslie Quirk recibiu os seus primeros coñecementos de manx da súa avoa, unha falante nativa, sendo pequeno, polo que tamén podería ser considerado un falante nativo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Algunhas fontes sinalan o 24 de decembro, mais o 27 de decembro é asumido por aparecer en fontes máis relevantes
  2. Language Decline and Language Revival in the Isle of Man: Ned Maddrell Memorial Lecture, 28 de novembro de 1996 (en inglés)
  3. Exemplos da lingua manx con son: Are the Crabs Crawling? (en inglés)