Brian Stowell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brian Stowell, nado en Douglas (Illa de Man) en 1936[1], é un dos principais activistas da recuperación da lingua manx e ten realizado numerosas gravación de anciáns falando esta lingua. Recentemente ten participado nas emisións de Manx Radio.

Brian Stowell publicou obras en lingua manx, incluíndo Contoyryssyn Ealish ayns Cheer ny Yindyssyn unha tradución de Alicia no país das marabillas publicada en 1990. En marzo do 2006 publicouse Dunveryssyn yn Tooder-Folley (Os asasinos de vampiros) - a primeira novela completa en lingua manx.[2]

No Tynwald Day do 2010, o Dr Stowell foi recoñecido co Tynwald Honour, o maior recoñecemento que o Tynwald pode outorgar a un cidadán.[3]

Notas[editar | editar a fonte]