Al-Farabí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al-Farabí

Muhammad ibn Muhammad ibn Tarkhan ibn Uzalagh al-Farabi (en lingua persa: محمد فارابی), tamén coñecido en Occidente como Alpharabus, Alfarabí, ou Farabi, nado en Wasij no 870 e finado no 950, foi un filósofo e científico persa de orixe turcófona e lingua literaria árabe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena vila preto de Farab (actual Turcomenistán), e foi levado a Bagdad de neno polo seu pai.

Farabi fixo importantes contribucións en matemáticas, filosofía, medicina e mesmo música. Como filósofo escribiu comentarios sobre as obras de Aristóteles, categorizou a lóxica en dous grupos, un como idea e outro como proba. Escribiu un libro sobre música Kitab al-Musiqa (O libro da música), o seu sistema de ton puro árabe aínda se emprega na música árabe. Farabi tivo unha grande influencia na ciencia e no coñecemento durante séculos, o seu traballo considerado unha síntese de filosofía e sufismo, está na base da obra de Ibn Sina.

Influenciado polos escritos de Aristóteles apuntou a idea -herética para o Islam- de que a razón é superior á revelación, cuestionou a autoridade do Corán dende o racionalismo e rexeitou a predestinación.