Alberte o Magno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fresco italiano de 1352.

Alberte o Magno, tamén coñecido como Santo Alberte o Magno ou Albertus Magnus nado en Lauingen contra 1193 e finado en Colonia en 1280, foi un freire dominico alemán que se fixo famoso polo seus coñecementos universais e pola súa defensa da coexistencia pacífica de ciencia e relixión. Está considerado como o máis grande filósofo e teólogo alemán da Idade Media. Foi o primeiro estudoso medieval en aplicar a filosofía aristotélica ao pensamento cristián.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre de Bavaria entre 1193 e 1206, foi educado principalmente en Padua, onde estudou os escritos de Aristóteles. No ano 1223 entrou na orde dominica, e estudou teoloxía en Boloña. Ensinou en Colonia, Ratisbona, Freiburgo, Estrasburgo e Hildesheim. No ano 1245 marchou a París para afondar nos seus coñecementos.

En 1254 foi nomeado provincial dos dominicos. En 1260 foi nomeado bispo de Ratisbona, demitiu aos tres anos e retirouse a Bavaria. Un dos seus últimos traballos foi defender a ortodoxia dun dos seus antigos alumnos, Tomé de Aquino.

Editou as obras completas de Aristóteles en tradución latina con notas de comentaristas árabes, e interpretado e sistematizado de acordo coa doutrina cristiá. O seu discípulo Henry Byren é coñecido polo diorema que leva o seu nome.

Foi beatificado pola Igrexa Católica en 1622 e canonizado en 1931. É o patrón dos científicos.

Festa[editar | editar a fonte]

15 de novembro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alberte o Magno