Podicipediformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Podicipedidae")
Somorgullos
Podiceps auritus.
Podiceps auritus.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Podicipediformes
Fürbringer, 1888
Familia: Podicipedidae
Bonaparte, 1831
Xéneros

Os podicipédidos (Podicipedidae) son a única familia actual da orde Podicipediformes. Son aves acuáticas cosmopolitas (atópanse en todos os continentes) coñecidas vulgarmente co nome de somorgullos ou mergullóns.

Características[editar | editar a fonte]

Son aves acuáticas que a miúdo se mergullan en busca de alimento ou para agocharse dos seus depretadores. Son moi bos mergulladores, bastantes gregarios, voan pouco, necesitan longos intentos para levantar voo, cando camiñan (raramente) en terra, andan ergueitos. Constrúen niños flotantes, pon varios ovos xeralmente branquecinos, que logo toman cor. Son semellantes aos parrulos. Presentan unha plumaxe compacta satinada que adoita ser moi vistosa. Os seus peteiros son cónicos, a é cola rudimentaria, as patas teñen catro dedas lobuladas. Non existe o dimorfismo sexual entre machos e femias. Adoitan ter plumaxes dimórficas estacionalmente, dependendo se se atopan na estación reprodutiva ou non.

As especies de Norte América e Eurasia son migratorias nos seus territorios, con áreas de distribución para invernar e áreas de distribución reprodutivas separadas. As especies de Sudamérica, adoitan ser migratorias mais non en todos os casos.

Especies[editar | editar a fonte]

Existen 20 especies divididos en seis xéneros, pertencentes a unha soa familia Podicipedidae:

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia existen seis especies pertencentes á orde Podicipediformes. Delas, cinco pódense atoparse durante todo o ano (Picus viridis, Dryocopus martius, Dendrocopos major, Dendrocopos medius e Dendrocopos minor) e 1 é estival (Jynx torquilla)[1].

Picidae
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Tachybaptus ruficollis
Linnaeus, 1758
Mergullón pequeno
NT
Ampla dist GZ.svg Wiki-kaituburi-1.jpg
Podiceps cristatus
Linnaeus, 1758
Mergullón cristado
NT
Dist Oso pardo europeo GZ.svg Great Crested Grebe (Podiceps cristatus) (14).JPG
Podiceps grisegena
Linnaeus, 1758
Mergullón cincento
NT
Ampla dist GZ.svg Grèbejougrisparade.jpg
Podiceps auritus
Linnaeus, 1758
Mergullón real
EN
Dist Oso pardo europeo GZ.svg Horned Grebe - Podiceps auritus.jpg
Podiceps nigricollis
Linnaeus, 1758
Mergullón orelleiro
NT
Dist Peto pequeno GZ.svg Podiceps nigricollis (Marek Szczepanek)2.jpg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.. ISBN 84-87674-06-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Podicipediformes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]