Pobos indíxenas australianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Aborixes australianos.
Imaxe dun home aborixe na galería de arte Albert Namatjira, Alice Springs, Territorio do Norte, Australia

Os indíxenas australianos son os pobos nativos de Australia. Inclúen os aborixes australianos, os aborixes tasmanianos así como os insulares do estreito de Torres, coñecidos a miúdo xuntos como aborixes e insulares do estreito de Torres.[1]

Descoñécese de onde proviñan con precisión, e como apareceron en Australia. Estímase que chegaron por primeira vez á súa terra natal entre hai 60.000 e 67.000 anos.[2] [3]

Home aborixe tocando un didgeridoo

Historia dos pobos indíxenas[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes australianos foron nómades que chegaron a Australia desde o sueste asiático. Os científicos non saben exactamente cando chegaron pero hai polo menos 60.000 anos.[4] [5] [6] Cando os británicos chegaron a Australia en 1788, chamaron a estes pobos nativos "aborixes", é dicir, persoas que viviran alí desde os tempos máis antigos. Agora viven uns 650.000 aborixes en toda Australia.[7] Moitos indíxenas australianos sufriron cando os europeos de Gran Bretaña e Irlanda chegaron a Australia, pola perda das súas terras ou as novas doenzas traídas de Europa.[8]

Tempo do Soño[editar | editar a fonte]

Os aborixes cren nuns antepasados animais, vexetais e humanos que crearon o mundo e todo o que hai nel. Ese proceso de creación chámase en inglés Dreamtime,(Tempo do Soño) Tjukurpa na lingua wati dos pitjantjatjara, os yankunytjatjara e os ngaanyatjarra. Hai moitas cancións e arte baséanse en antigas historias sobre o Tempo de Soño.[9]

Boomerangs[editar | editar a fonte]

Forma típica de boomerang.

O boomerang típico está deseñado para auto-retornar, pero ten que ser tirado correctamente. Os máis modernos deseñados por ordenador poden ter tres ou catro ás en lugar das dúas tradicionais.[10] Os boomerangs foron descubertos en culturas sen conexión con Australia (como o antigo Exipto),[11] polo que se asume que o seu deseño foi independente entre si.

Reclamacións de terras[editar | editar a fonte]

Cando os británicos chegaron a vivir a Australia, decidiron que a terra estaba baleira: que ninguén "posuía" a terra, tal como usaban os europeos esa palabra. Esta chamábase "terra nullius", palabras latinas para "terra baleira".

En 1976, o goberno australiano acordou que os aborixes teñen dereitos sobre a terra onde se atopaban orixinalmente as súas tribos e obtiveron o dereito de usar a terra. O 3 de xuño de 1992, o Tribunal Superior de Australia dixo que a idea de terra nullius era errónea e o goberno propuxo novas leis para establecer o Native Title.[12] Se os aborixes poden demostrar que sempre usaron determinadas terras, que non foron vendidas ou modificadas por actos gobernamentais, entón a terra podería ser reclamada como terra aborixe. O tratado foi conmemorado na exitosa canción "Treaty" de Yothu Yindi.[13]

Relación de galegos cos indíxenas australianos[editar | editar a fonte]

No século XIX un dos primeiros europeos defensores dos dereitos dos indíxenas australianos como seres humanos plenos foi o galego Rosendo Salvado, introdutor tamén do eucalipto no continente europeo.[14]

Formulouse a hipótese da conexión entre os hórreos galegos e os "pataka", estruturas tradicionais de Nova Zelandia, apoiada en investigacións de Robert Langdon da Universidade Nacional de Australia. Foi suxerido que a expedición de García Jofre de Loaisa en 1525, que partiu da Coruña, podería ter contribuído á mestura xenética entre galegos e indíxenas de Oceanía. Annie Beart, destacou que Pedro Fernández de Quirós, no século XVII, atopou poboación branca, de cabelo louro e ollos azuis nas mesmas illas onde se supón que deambulou a carabela “San Lesmes” dende 1526. O argumento foi rexeitado por algúns porque a cantidade de galegos podería non ser significativa, e outros afirmaron que os trazos europeos na descendencia dos aborixes resaltaron a posibilidade de encontros históricos entre as dúas culturas previos á chegada de James Cook.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Studies, Australian Institute of Aboriginal and Torres Strait Islander (2020-07-12). "Indigenous Australians: Aboriginal and Torres Strait Islander people". aiatsis.gov.au (en inglés). Consultado o 2023-03-22. 
  2. Griffiths, Bill (2018). Deep Time Dreaming: Uncovering Ancient Australia. ISBN 9781760640446. 
  3. Clarkson, Chris; Jacobs, Zenobia; Marwick, Ben; Fullagar, Richard; Wallis, Lynley; Smith, Mike; Roberts, Richard G.; Hayes, Elspeth; Lowe, Kelsey (2017-07). "Human occupation of northern Australia by 65,000 years ago". Nature (en inglés) 547 (7663): 306–310. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature22968. 
  4. Hesp, Patrick A. et al. (1999). "Aboriginal occupation on Rottnest Island, Western Australia, provisionally dated by aspartic acid racemisation assay of land snails to greater than 50 ka." Australian Archaeology, Nº 49
  5. "Stone Pages Archaeo News: Australia colonized earlier than previously thought?". www.stonepages.com. Consultado o 2023-03-22. 
  6. "The History of Australian Aborigines - Dreamtime" (en inglés). 2018-10-23. Consultado o 2023-03-22. 
  7. "Australia census: Five takeaways from a changing country". BBC News. 27 de xuño de 2017.
  8. "Indigenous and European Contact in Australia". Britannica Kids (en inglés). Consultado o 2023-03-22. 
  9. "10 Facts About Aboriginal Art". www.kateowengallery.com; Kate Owen Gallery. Consultado o 2023-03-22. 
  10. Jones, Philip 1996. Boomerang: behind an Australian icon. Wakefield Press. ISBN 9781862543829
  11. Valde-Nowak & others 1987. Upper Palaeolithic boomerang made of a mammoth tusk in south Poland. Nature 329: 436–438 (1 de outubro de 1987); doi:10.1038/329436a0
  12. "Displayobject". www.visitvictoria.com. 
  13. "Yothu Yindi - Treaty (Original Version)". Consultado o 2023-03-22. 
  14. "Hórreos en Oceanía: la expedición coruñesa que “descubrió” Australia y Nueva Zelanda". Quincemil (en castelán). Consultado o 2023-03-22. 
  15. Rolland, Eduardo (2014-03-25). "Así son os "pataka", os hórreos galegos de Nova Zelandia". GCiencia. Consultado o 2023-03-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]