Insulares do estreito de Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Insulares do estreito de Torres
Face mask torres strait.JPG
Carauta do estreito de Torres (século XIX)
Poboación total:
48,000
Poboacións importantes en:
Australia Australia
Illas do estreito de Torres 6,000
Queensland 42,000
Lingua:
Linguas das illas do estreito de Torres
Relixión
Cristianismo
Grupos étnicos relacionados:
Aborixes australianos, Papúa e Kanak

Os Insulares do estreito de Torres son os poboadores orixinarios das Illas do estreito de Torres e de parte do actual estado de Queensland. Segundo a lexislación australiana, constitúen xunto cos aborixes australianos os dous grupos de indíxenas australianos do país. O 6% dos indíxenas australianos identifícase plenamente como Insular do estreito de Torres. Outro 4% dos indíxenas australianos identifícase tendo herdanza mixta aborixe e do estreito de Torres. [1]

Índice

Poboación [editar]

Hai preto de 6,000 Insulares do estreito que viven nas Illas do estreito de Torres, e outros 42,000 que viven fóra delas, maioritariamente no norte de Queensland, destacando as localidades de Townsville e Cairns.[2]

Cultura [editar]

Os Insulares do estreito de Torres posúen unha herdanza cultural e historia distinta das tradicións aborixes. Os que viven na área leste do Estreito de Torres, están relacionados cos pobos de Papúa Nova Guinea, e falan unha lingua papúa.[3] Así pois, non son xeralmente incluídos baixo a denominación "aborixes australianos". Este foi outro factor para a promoción do máis inclusivo termo "indíxenas australianos".

Linguas [editar]

Os indíxenas de Torres falan dúas linguas autóctonas. Os da parte central e occidental falan linguas do grupo pama-nyunganas (kalaw lagaw ya, kalau kawau ya, kulkalgau ya e kawalgau ya), mentres que os da parte oriental falan a lingua meriam mìr, do grupo de linguas papúas.

Insulares do estreito destacábeis [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]