Aborixes tasmanianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aborixes tasmanianos
Imaxe dos catro últimos aborixes tasmanianos de ascendencia totalmente indíxena, c. 1860. Truganini, a derradeira supervivente, sentada máis á dereita.
Imaxe dos catro últimos aborixes tasmanianos de ascendencia totalmente indíxena, c. 1860. Truganini, a derradeira supervivente, sentada máis á dereita.
Poboación total:
> 17,000 (descendentes de aborixes)
Poboacións importantes en:
Lingua:
Linguas tasmanianas (extintas), inglés
Relixión
Animismo, Cristianismo
Grupos étnicos relacionados:
Aborixes australianos

Os aborixes tasmanianos (nomes aborixes: Palawa, Parlevar, Lutrawita ou Trouwunna) son os indíxenas da illa da Tasmania en Australia.

Índice

Historia [editar]

Entre os anos 1803 e 1833, a poboación de aborixes tasmanianos foi reducida dunha estimación de 5.000 persoas a só preto de 300, principalmente debido ós conflitos cos colonizadores británicos e polas doenzas introducidas por estes. Unha das derradeiras aborixes tasmanianas foi Truganini, que morreu en 1876.[1] Porén, actualmente existen moitas persoas descendentes de aborixes tasmanianos nas que perviven algúns aspectos da súa cultura tradicional.

Linguas [editar]

Hoxe en día considéranse extintas todas aquelas linguas faladas polos aborixes tasmanianos antes da chegada dos colonos europeos. Fanny Cochrane Smith é famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, o que representa a única gravación sonora dunha lingua tasmaniana. Así a todo, existe un esforzo para reconstruír unha das linguas que había a partires de listaxes de palabras que se teñen conservado. A finalidade é a de manter viva a cultura tasmaniana orixinaria a partir de trazos que se mantiveron nalgunhas familias descendentes dos indíxenas tasmanianos.

As diferentes tribos tasmanianas antes de 1803 [editar]

  • Lairmairrien (Big River)
  • Nuenonnien (Sueste)
  • Tougui (Costa suroeste)
  • Tommeginner (Norte)
  • Tyerremotepanner (Norte)
  • Plangermairiener (Ben Lomond)
  • Pyemmairiener (Nordeste)
  • Pirappien (Noroeste)
  • Paredarermien (Baía das ostras)

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]