Boomerang
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un boomerang é un pau voador con forma curvada que se usa como deporte ou como arma. É un obxecto que ten orixe en diversas partes do mundo, aínda que os máis coñecidos son os empregados polos aborixes australianos.
[editar] Características
Ten un tamaño e lonxitude variábeis pero raramente superior a 50 cm. É lixeiramente curvado en ángulo cara a súa metade (o que lle confire o efecto necesario para describir voos circulares). Pode ser redondo ou cos bordos afiados, aínda que tamén existen modelos con forma de aspa.