Albert Namatjira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlbert Namatjira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en-au) Elea Namatjira Editar o valor em Wikidata
28 de xullo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Hermannsburg, Australia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1959 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Alice Springs, Australia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAlice Springs General Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAcuarela Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Kngwarriya-2 Find a Grave: 20494167 Editar o valor em Wikidata

Albert Namatjira, nado co nome Elea Namatjira en Alice Springs o 28 de xullo de 1902 e finado o 8 de agosto de 1959, foi un pintor aborixe australiano dos Arrernte. A súa obra supón un dos fundamentos da arte contemporánea indíxena australiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu co nome de Elea Namatjira pero foi renomeado como Albert despois de que fose bautizado polo rito cristiá. A pesar de nacer en Alice Springs, medrou na misión cristiá de Hermannsburg. Xa era un artista con talento antes de que o pastor Albrecht da misión o agasallara en 1934 cun equipo de pintura.

Albert Namatjira, en Sidney (1955).

En 1936 acompañou como guía ó artista australiano Rex Battarbee na súa viaxe para pintar o próximo Palm Valley, e é alí onde lle ensinou a Namatjira a técnica da acuarela. Baixo a tutela e apoio de Battarbee comezou a desenvolver a súa propia técnica. As súas acuarelas das áridas paisaxes do deserto, realizadas ó estilo occidental, chegaron a adquirir gran fama. Na súa primeira exposición de pintura, en Melbourne en 1938, vendéronse tódolos cadros.

En 1957 outorgáronlle os dereitos de cidadanía australiana, dez anos antes de que os recibise toda a poboación aborixe do país.

Non é até a década de 1980 cando, grazas á abundancia de exposicións, publicacións e documentais sobre Namatjira, comézouselle a recoñecer que, pese a que pintara con técnicas e materiais occidentais, estivera adaptando o simbolismo de occidente ós seus propios propósitos culturais aborixes.

A súa pintura baséase na tradición, mitoloxía e cultura dos Arrernte. Así, por exemplo, o emprego de tons ocres correspóndese coas cores que empregaban os seus antergos. Tamén se percibe a repetición de rochas e árbores en moitas das súas obras como creación de símbolos eternos propios das concepcións espirituais da súa cultura ancestral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]