Pietro Giampaoli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPietro Giampaoli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Buja, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1998)
Reino de Italia (1898–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAccademia di belle arti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador , escultor , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Pietro Valentino Giampaoli, nado en Buja, provincia de Udine, o 13 de febreiro de 1898, e finado en Roma o 27 de febreiro de 1998, foi un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pruimeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Pietro Giampaoli era o segundo fillo de Teresa Pischiutta e de Luigi Giampaoli, unha familia humilde propietaria dunha pequena carpintaría na que pasou parte da súa infancia, ademais de asistir á escola primaria de Buja.[1]

Aos 16 anos emigrou a Austria, onde o sorprendeu a primeira guerra mundial, na que participou como soldado. Resultou prisioneiro polos austríacos logo da derrota de Kobarid e foi deportado a Hungría, onde aprendeu os rudimentos da arte do gravado de metais da man doutro prisioneiro ruso.[1][2][3][4]

De volta a Italia, en 1920, aínda como militar, obtivo un destino en Milán, cidade na que comezou os seus estudos de Arte, na Academia de Belas Artes de Brera.[3][4] En 1924 acadou o primeiro premio de cicelado desta academia.[1]

Medallista e gravador de moeda[editar | editar a fonte]

Logo do seu paso formativo por Milán comezou a dedicarse ao gravado profesionalmente, aínda que nunha situación de penuria económica. Marchou a Venecia, onde estivo pouco tempo como bolseiro na Academia de Arte,[2] e logo estableceuse en Roma, onde comezou a acadar os primeiros éxitos e un prestixio como gravador profesional, fundamentalmente de medallas, o que lle permitiu concentrar alí a súa familia de Buja. En Roma foi mestre de gravado dos seus dous irmáns, Celestino Giuseppe e Vittorio, que se uniron a el, fixando a súa residencia familiar na Torre dei Capocci.[5] Como medllista participou coas súas obras na Bienal de Venecia de 1928 e participou en exposicións en cidades como Madrid, Bonn ou Washington.[1]

O seu talento e a súa habilidade artística levárono a ser nomeado en marzo de 1937 gravador xefe da Casa da Moeda Estatal,[4] posto que ocupou ata 1963, cando fixo os seus 65 anos.[3] Durante esta etapa actuou tamén como asesor das cecas públicas de Alemaña, España, Turquía e Francia.[1]

Anverso da moeda de 500 liras italianas de prata, obra de Pietro Giampaoli.

Pietro Giampaoli foi o creador das primeiras moedas italianas despois da segunda guerra mundial e o responsable da cuñaxe da maior parte das moedas italianas e vaticanas do seu tempo.[2] Tamén se encargou dos cuños de moedas para outros países, como Israel, Turquía, a Orde de Malta ou a República de San Marino.[3]

A súa creación máis popular foi o anverso da moeda de 500 liras de prata cuñada a partir de 1958, no que gravou un busto feminino de estilo renacentista,[1][2] inspirado nunha medalla de Pisanello.[6]

Pietro Giampaoli faleceu en Roma o 27 de febreiro de 1998, poucos días despois de facer os cen anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Pietro Giampaoli". http://mebnet.altervista.org/
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Pietro Giampaoli". slvs.infoteca.it
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "I maestri incisori bujesi". Rete di scuole del Friuli collinare (icsedegliano.it).
  4. 4,0 4,1 4,2 "Le medaglie di Giampaoli". En Pagine della Valle d'Aosta. Nº 9. Decembro de 1998 (Cnvaldostano.it)
  5. Buora, M. "Giampaoli Pietro, Celestino e Vittorio, medaglisti". Dizionario Biográfico dei Friulani.
  6. "500 Lire (silver)". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alteri, G.; Giamopaoli, P.; Giampaoli, S. (2010). Le medaglie di Pietro Giampaoli. Biblioteca Apostólica Vaticana. ISBN 9788821008597
  • Masutti, V. (1986). Pietro Giampaoli Medaglista. Catalogo della mostra organizzata dal Comune di Buja dal 17 maggio al 15 giugno 1986. Comune di Buja.