Peter Weiss
Peter Weiss, nado en Nowawes, preto de Potsdam, o 8 de novembro de 1916 e finado en Estocolmo, Suecia, o 10 de maio de 1982, foi un escritor, pintor, deseñador gráfico e cineasta alemán nacionalizado sueco.
Traxectoria [editar]
De pai xudeu e nai cristiá viuse na obriga de abandonar Alemaña tras a suba ao poder do nazismo, trasladándose coa súa familia a Londres. En 1939 marchou a Estocolmo, onde viviría o resto da súa vida, adquirindo a nacionalidade sueca en 1946.
Politicamente foi membro activo do Partido Comunista de Suecia, participando no tribunal popular contra a guerra de Vietnam que Bertrand Russell deseñou en 1967.
A súa principal obra foi a peza teatral Marat/Sade, exemplo de metafición, de forte compromiso político e influencia brechtiana. Algúns críticos ven nesta obra unha síntese de varias correntes teatrais modernas.