Síndrome Respiratoria Aguda Severa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Advertencia: Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor consulte o seu médico.
A Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios.
Índice |
[editar] Pneumonía asiática I
A pneumonía asiática fixo a súa aparición na provincia de Guandong en novembro de 2002 e declarouse como finalizada 8 meses despois. Extendeuse a uns 30 países, principalmente de Asia, deixando un saldo de 774 mortos, 349 deles en China e 299 en Hong_Kong.
[editar] Pneumonía asiática II
(datos de comezos de 2004)
[editar] Rebrote da enfermidade
As autoridades chinesas, confirman o segundo caso de síndrome respiratoria aguda grave (xaneiro 2004), coñecido como pneumonía asiática. Mentres, a Organización Mundial da Saúde (OMS), envía ó país asiático a un equipo de expertos para identificar a fonte de contaxio do último caso. A alarma saltou en Pequín, onde unha muller ingresou cos síntomas desta epidemia.
[editar] A primeira afectada
Unha rapaza de 20 anos, atópase en corentena e sometida a tratamento no hospital de Guangzhou. Os primeiros síntomas de febre producíronse o 26 de decembro (2003). Ata 48 persoas que tiveron contacto estreito coa paciente foron illadas e sometidas a un proceso de desinfección da zona onde residía. Outras 52 persoas que tamén estiveron en contacto con ela foron sometidas a estreita vixiancia médica.
[editar] Segundo afectado
Un produtor de televisión de 32 anos protagonizou o segundo caso do síndrome respiratoria. Foi declarado sospeitoso polas autoridades da provincia de Guangdong, o sábado 27 de decembro e o luns 29, confirmouse que se trataba dun caso de neumonía asiática. Ningunha das 81 persoas que estiveron en contacto con este paciente amosaron síntomas da enfermidade e a última delas debería sair de cuarentena onte (28 de xaneiro de 2004).
[editar] Periodistas afectados
Tres periodistas que viaxaran ata Guangdong para facer unha reportaxe sobre a primeira enferma, ingresaron no hospital público Queen Mary de Hong_Kong con febre, tose e infección das vías respiratorias. Actualmente atópanse en cuarentena e o seu estado é estacionario.

