Peligros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peligros é un concello español, pertencente á provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte central da Vega de Granada. Limita cos concellos de Calicasas, Güevéjar, Pulianas, Maracena e Albolote. Na actualidade, Peligros alberga a sede social do Diario Ideal de Granada. En 2006 contaba con 10.385 habitantes. A súa extensión superficial é de 9 km² e ten unha densidade de 1153,88 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37°13' N, 3º37' O. Atópase situado a unha altitude de 680 metros e a 9 quilómetros da capital de provincia, Granada.