Zafarraya
| Zafarraya | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Granada |
| Xeografía | |
| Altitude: | 893 msmn msnm |
| Superficie: | 58 km² km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2200 hab. (INE 2008) |
| Densidade de poboación: | 37.7 hab./km² |
| Xentilicio: | Zafarrayero/-a |
| Información | |
| Código postal: | 18128 |
| Alcalde: | Jose Félix Zamora Quesada (PP) |
| Sitio na web: | http://www.zafarraya.es |
Zafarraya é un concello andaluz situado ó sur do Poniente Granadino (provincia de Granada), no sueste de España. Limita cos concellos granadinos de Loja e Alhama de Granada e cos concellos malagueños de Periana e Alfarnate. O concello está situado no Campo de Zafarraya, que constitúe o maior poljé da península Ibérica.
Índice |
Historia [editar]
Segundo a maioría dos historiadores, "Zafarraya" procede do árabe "Faha-al-ra iyya" que significa "campo de pastores", aínda que hai quen defende que deriva máis ben de Saiarraya que pode traducirse por "límite de territorio". De calquera xeito, este lugar foi asentamento humano dende o Neanderthal como demostran os restos do chamado ‘Home de Zafarraya’, datados en 30.000 anos atrás. No segundo milenio antes de Cristo asentouse a cultura de El Argar, con poboados en lugares de fácil defensa. Máis tarde houbo campamentos fenicios e romanos e a mediados do século VIII chegaron os musulmáns, da man do príncipe Omeia Abd al-Rahman I. Durante séculos foi paso obrigado para tropas e caravanas no camiño ata Vélez, Alhama e Loja. Trala reconquista cristiá pasou a depender de Vélez-Málaga e Alhama de Granada iniciou con ela un longuísimo preito que durou varios centos de anos e que finalmente gañouno a cidade de Vélez-Málaga. En 1813 Zafarraya constituíuse como vila independente e pouco despois como concello. En 1833, coa ordenación provincial que realizou Javier de Burgos, pasou a formar parte da provincia de Granada.
O día de Nadal de 1884, a vila de Zafarraya foi azoutada por un terremoto con epicentro entre Ventas de Zafarraya e Arenas del Rey. Houbo 25 mortos e 75 feridos, colapsando o 30 % dos edificios, entre eles a antiga Igrexa da cal se conservan os restos. A cidade reedificouse nun 80 % seguindo os planos urbanistas, convertendo a localidade nun espazo de rúas rectas e ordenadas.
Política [editar]
Os resultados en Zafarraya das últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2011, son:
|
Eleccións Municipais - Zafarraya (2011) |
||||
| Partido político | Votos | %Válidos | Concelleiros | |
| Partido Popular (PP) |
|
|
|
|
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) |
|
|
|
|
| Izquierda Unida (IU) |
|
|
|
|
Monumentos [editar]
- Igrexa da Inmaculada Concepción. Edificada tralo terremoto de 1884, na Praza da Liberdade
- Ermita do Cristo das Tres Marías. Ermita onde reside o patrón da vila de Zafarraya, unha pintura sobre cristal de orixe anónimo e lexendario.
Festas e eventos [editar]
- Festas na honra do Señor das tres Marías Cada un e tres de maio, o patrón de Zafarraya xunto á Virxe de Monsalud, patroa da localidade, baixan un e soben tres da Ermida á Igrexa da Asunción respectivamente.
- Feira de Zafarraya
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Portal da Comunidade Virtual do Llano de Zafarraya (en castelán)
- Terremoto de 1884 (en castelán)
- Web do Concello de Zafarraya (en castelán)