Alhama de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alhama de Granada
Escudo de Alhama de Granada.svg Bandera de Alhama de Granada (Granada).svg
Situación xeográfica
Situación de Alhama de Granada
Estado: Flag of Spain.svg España
Comunidade Autónoma: Flag of Andalucía.svg Andalucía
Provincia: Granada
Xeografía
Altitude: 895 msmn msnm
Superficie: 433 km² km²
Poboación
Poboación total: 6035 hab. (INE 2008)
Densidade de poboación: 18,2 hab./km²
Xentilicio: Alhameño, -ña
Información
Código postal: 18120
Alcalde: Francisco Escobedo Valenzuela (PSOE)
Sitio na web: http://www.alhama.org

Alhama de Granada é un concello de 433 km² e 6.184 habitantes (2005) situado na aba da Serra Tejeda, no occidente da provincia de Granada.

Na zona existen restos prehistóricos que denotan a antigüidade do asentamento humano na zona, antes da chegada dos romanos o territorio onde se asenta Alhama estaba habitado polos túrdulos e os romanos déronlle o nome de Artigi, da época romana consérvase a ponte e os restos dos baños romanos, os árabes déronlle o nome al-h.amma (الحمّة) e fortificárona, converténdose nunha importante localidade do reino de Granada, o 1 de marzo de 1482 pasou a mans da Coroa de Castela e foi sede dun tribunal da Inquisición. Do 2 de febreiro de 1810 ao 17 de agosto de 1812 permaneceu baixo ocupación francesa, o 25 de setembro de 1884 un terremoto destruíu 1.479 casas e causou 480 mortos e 670 feridos.


Resto dos baños romanos
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas