Arenas del Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arenas del Rey
Escudo de Arenas del Rey.svg Bandera de Arenas del Rey (Granada).svg
Situación xeográfica
LocationArenas del Rey.png
Estado: Flag of Spain.svg España
Comunidade Autónoma: Flag of Andalucía.svg Andalucía
Provincia: Granada
Xeografía
Altitude: 874 msmn msnm
Superficie: 116 km² km²
Poboación
Poboación total: 2111 hab. (INE 2008)
Densidade de poboación: 18,2 hab./km²
Xentilicio: Arenusco/-a
Información
Código postal: 18126
Alcalde: Francisca Josefa García Moreno (PSOE)
Sitio na web: [1]

Arenas del Rey é un municipio español, pertencente á provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte centro-sur da comarca de Alhama. Limita cos municipios de Cacín, Agrón, Jayena e Alhama de Granada. O concello arenusco comprende os núcleos de poboación de Arenas del Rey, Fornes, Játar e o Poblado del Embalse (situado xunto ao Embalse de Bermejales). Arenas del Rey atópase na vertente norte da Serra da Almijara, no val do río Cacín. No ano 2006 contaba con 2.202 habitantes. A súa extensión superficial é de 116 km² e ten unha densidade de 18,98 hab/km².

[editar] Historia

Existen vestixios da presencia dos romanos así coma do largo dominio musulmán e tamén da posterior recolonización cristiá tras a guerra pola Reconquista de Granada. No século XIX tivo especial protagonismo o municipio pola presencia nas súas terras de tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Arenas del Rey foi constituido coma municipio independente por distinción de Carlos III. O núcleo urbano onde se asentaba a antiga poboación foi destruido totalmente polo terremoto de 1884 e reconstruíuse durante os últimos anos dese mesmo século XIX grazas ás aportacións recibidas desde prácticamente toda España co decidido apoio á iniciativa por parte de Afonso XII. En 1973 uníronse nun mesmo municipio os concellos de Fornes, Játar e Arenas del Rey, todos baixo este nome.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas