Paula Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaula Fernández

Paula Fernández Pena en 2009 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Silleda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Paula Fernández Pena, nada en Silleda o 29 de xaneiro de 1971, é unha aparelladora e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomada en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña, no 2007 decidiu introducirse na vida política presentándose como independente polo PSdeG-PSOE ás eleccións á alcaldía de Silleda,[1] converténdose finalmente en alcaldesa de dita vila. Actualmente vive na parroquia de Cortegada.

O 19 de outubro de 2009, unha moción de censura presentada por 5 edís elixidos nas listas do PPdeG xunto con 2 tránsfugas do PSOE arrebatoulle a alcaldía, para outorgarlla a Ofelia Rey Recimil, concelleira tránsfuga do PSdeG-PSOE.[2]

De novo, o 22 de maio de 2011 volveu ser elixida alcaldesa do concello de Silleda co 47,11% dos votos e con 6 concelleiros.[3] Para gobernar con maioría pacta con Matías Rodríguez da Torre do BNG, que entrou a formar parte do goberno municipal ata a rotura de dito pacto en marzo do 2013.[4] En xuño dese ano foi elixida senadora por designación autonómica en substitución de Pablo García, abandonando a alcaldía silledense,[5] sendo substituída no cargo por Manuel Cuíña Fernández. Mantivo a súa acta de senadora ata xuño do 2015.[6]

Mantívose como Secretaria Xeral do PSdeG en Silleda.[7] Ocupou cargos de confianza na Deputación de Pontevedra, chegando a ser xefa de gabinete da presidenta Carmela Silva. Dende xaneiro de 2018 é vicesecretaria xeral do PSdeG na provincia de Pontevedra, renovando tralo congreso de febreiro de 2022. Tamén é Secretaria de Reto Demográfico na Executiva Nacional do PSdeG.

En xullo de 2021 regresou como concelleira en Silleda, trala renuncia dun compañeiro, facéndose cargo da concellería de Urbanismo.[8] En xaneiro de 2024, logo da dimisión do alcalde dese momento, Manuel Cuíña, quen se presentaba nas eleccións ao Parlamento de Galicia, volveu ser alcaldesa de Silleda.[9][10] En abril dese mesmo ano pasou a ocupar, a maiores, un escano no Congreso dos Deputados en substitución de David Regades.


Predecesor:
José Fernández Viéitez
 
Alcaldesa de Silleda
 
2007 - 2009
Sucesor:
Ofelia Rey Recimil
Predecesor:
Ofelia Rey Recimil
 
Alcaldesa de Silleda
 
2011 - 2013
Sucesor:
Manuel Cuíña Fernández
Predecesor:
Manuel Cuíña Fernández
 
Alcaldesa de Silleda
 
2024 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (25 de marzo de 2007). "Touriño muestra su total apoyo a la lista del PSOE en Silleda". lavozdegalicia.es (en castelán). Archived from the original on 24 de novembro de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  2. "Cinco ediles de Silleda se van del PP y apoyan la moción de censura". www.elmundo.es. Consultado o 2023-06-21. 
  3. Silleda, Redacción- (2011-05-23). "Fernández Pena será alcaldesa de Silleda tras imponerse al PP de Pin por 285 votos". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  4. Ourense, Xan Salgueira (2013-03-19). "La alcaldesa de Silleda expulsa al único edil del Bloque y se queda en minoría". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  5. El Correo Gallego (25 de xuño de 2013). "Paula Fernández Pena senadora con 57 votos sin el apoyo de AGE y Bloque". Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  6. Lugo, El Progreso de (2015-06-06). "La renuncia de la exalcaldesa de Silleda abre la puerta del Senado a Gómez Besteiro". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  7. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2022-03-16). "Paula Fernández sigue como secretaria xeral del PSOE de Silleda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  8. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2021-07-30). "Paula Fernández Pena regresa al gobierno silledense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  9. Salgueiro, Xan (2024-01-16). "Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda una década después de su marcha". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-01-16. 
  10. Cofán, Davíd (15 de xaneiro de 2024). "Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda tras la renuncia de Manuel Cuíña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]