Paseo do Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°24′51″N 3°41′37″O / 40.41417, -3.69361

Paseo del Prado e Buen Retiro, unha paisaxe de artes e ciencias
Paseo do Prado
Madrid en España
Madrid
Madrid
Localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónMadrid
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición2021 (44ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1618

O paseo do Prado é o xardín histórico urbano máis antigo de Madrid, declarado Ben de interese cultural e un dos seus paseos máis importantes e coñecidos. Articúlase segundo un eixe norte-sur, dende a praza de Cibeles ata a praza do Emperador Carlos V, popularmente coñecida como glorieta de Atocha. Á metade do seu percorrido conflúe coa praza da Lealdade e coa praza de Cánovas del Castillo, onde se sitúa a fonte de Neptuno.

Xunto cos paseos da Castellana e Recoletos, que se estenden ao norte, conforma un dos principais eixes viarios da cidade, ao conectar a zona setentrional desta coa meridional.

No terreo cultural, o paseo do Prado alberga un dos principais focos museísticos de España. Nel sitúanse os museos do Prado e Thyssen-Bornemisza e nas súas inmediacións áchase o Centro de Arte Raíña Sofía, promovidos turisticamente baixo a denominación de Paseo ou Triángulo da Arte.

Neste paseo tamén se encontran diferentes monumentos e recintos de interese histórico-artístico, levantados no século XVIII dentro do proxecto urbanístico do Salón do Prado, ademais de numerosos motivos ornamentais e paisaxísticos. Destacan o Edificio Villanueva, sede principal do Museo do Prado, o Real Xardín Botánico e os conxuntos escultóricos das fontes de Neptuno, Cibeles e Apolo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]