Partido Comunista Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Partido Comunista de Francia")
Parti Communiste Français (PCF)
Hammer and sickle.svg
Partido político de Francia
Líder Marie-George Buffet
(Secretaria Nacional)
Fundación 1920
Sede París
Ideoloxía Comunismo
Representación 17 deputados de 577
21 senadores de 331
Asemblea Nacional
7 / 577
Senado
20 / 348
Parlamento europeo
2 / 74
Filiación internacional Partido da Esquerda Europea
Mocidades Mouvement Jeunes Communistes
Páxina web www.pcf.fr

O Partido Comunista de Francia (Parti Communiste Français, PCF) é un partido político francés de esquerdas, membro do Partido da Esquerda Europea.

Historia[editar | editar a fonte]

O PCF foi fundado no Congreso de Tours, no ano 1920, como consecuencia da escisión no seno da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) entre os partidarios da II Internacional (da cal formaba parte a SFIO) e os partidarios da III Internacional (maioritarios e favorábeis á Revolución Rusa e ó bolxevismo). Estes últimos fundaron a Sección Francesa da Internacional Comunista (SFIC), que se convertería posteriormente no actual Partido Comunista Francés.

Despois da liberación, ao final da Segunda Guerra Mundial, o partido comunista participou nos primeiros gobernos ata 1947, por ser unha das forzas políticas máis importante naquelas. Logo volveu ter ministros en diferentes gobernos de esquerda da quinta república.

O PCF presentou candidatos as eleccións para presidente da república francesa  :

Situación a principios do século XXI[editar | editar a fonte]

A secretaria xeral do PCF ocupa a deputada Marie-George Buffet dende o ano 2001. Foi elixida para este cargo despois da marcha do antigo secretario xeral Robert Hue e logo reelixida no 33º congreso nacional do partido o 26 de marzo 2006.

O Partido Comunista Francés atópase na oposición, aínda que durante a cuarta e a quinta repúblicas participou en varios gobernos.


Despois das eleccións de marzo do 2008 o PCF goberna dous departamentos , o Val do Marne na Illa de Francia e o Allier na rexión de Auvernia, perdendo o goberno "histórico" do departamento da Sena-San Denis. Trátase dos departamentos de Sena-San Denis e Val do Marne, os dous na rexión de Illa de Francia. O PCF ocupa a presidencia destes dous departamentos grazas ó apoio recibido por parte dos outros partidos políticos de esquerda presentes nos Consellos Xerais, xa que en ningún caso dispón da maioría absoluta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]