Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 0°31′31″N 72°47′50″O / 0.52528, -72.79722

Parque Nacional Natural
Serra de Chiribiquete
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1989
Superficie: 43.000 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Colombia
Provincias: Guaviare
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Serra de Chiribiquete
Cumio da serra.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Colombia
Localización0°55′N 72°47′O / 0.917, -72.783
TipoMixto
Criterios(iii), (ix), (x)
Inscrición2018 (sesión XLII)
Rexión da UNESCOAmérica
Identificador1174

O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete é o parque nacional máis grande de Colombia e o parque nacional de selva tropical máis grande do mundo. Foi estabelecido o 21 de setembro de 1989 e foi expandido dúas veces, a primeira en agosto de 2013 e a segunda en xullo de 2018.[1][2][3][4] O parque abrangue unha área de 43.000 km² e inclúe as montañas da Serra de Chiribiquete e as terras baixas dos arredores, que están cubertas de selva tropical chuviosa, sabanas e ríos.[1][4]

Historia[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete foi estabelecido o 21 de setembro de 1989. Foi expandido dende os 13.000 km² iniciais ata os 28.000 km² o 21 de agosto de 2013.[1][3] O presidente Juan Manuel Santos anunciou que o Parque Nacional de Chiribiquete sería expandido uns 15.000 km² o 21 de febreiro de 2018.[5] O parque alcanzou os 43.000 km² e foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 2 de xullo de 2018.[4][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Parques Nacionales Naturales de Colombia". Goberno de Colombia. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  2. "Chiribiquete National Park– "The Maloca of the Jaguar"". UNESCO. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Colombia makes history with huge expansion of largest national park". International Union for Conservation of Nature. 25 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Colombia's Serranía de Chiribiquete is now the world's largest tropical rainforest national park". World Wide Fund for Nature. 2 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  5. Alsema, Adriaan (22 de febreiro de 2018). "Colombia's biggest national park to become 1.5 million hectares bigger". Colombia Reports. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  6. "Four sites added to UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 1 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]